----

Que é o Observatorio da Cultura Galega

O Observatorio da Cultura Galega é unha unidade dependente do Consello da cultura que pretende encher o baleiro de información existente sobre a cultura a través dun método rigoroso e estándar de recolleita de información. A producción fundamental do Observatorio é a información estatística, aínda que entre as súas funcións está a redacción de informes de tipo cualitativo e avaliativo. Todos os resultados teñen por fin último contribuír ao desenvolvemento de políticas culturais sobre unha evidencia empírica.
Que é o Observatorio da Cultura Galega

A existencia destes estudos permitirá afondar na reflexión sobre a política cultural, darlle ás políticas públicas unha maior coherencia e valorizar o papel da cultura desde unha perspectiva multidimensional e comprender mellor o papel que teñen as industrias culturais en relación ao crecemento económico e á calidade de vida; ademais de identificar os xeitos en que este sector está vencellado a outros sectores da economía como a industria e a amplos circuítos de innovación e creatividade.

 

Neste proxecto colabora a Consellaría de Cultura e Deporte, como responsable executivo máximo das políticas culturais galegas e o Instituto Galego de Estatística (IGE), como o organismo encargado de promover o desenvolvemento estatístico de Galicia.