NOTICIA

----

Rosario Álvarez recibe á nova delegada do CSIC en Galicia

A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, recibiu esta mañá a visita de Carmen González Sotelo, nova delegada institucional do CSIC (Consejo Superior de Investigaciones científicas) en Galicia. Na xuntanza analizaron os proxectos que existen en marcha entre ambas as dúas entidades e novas iniciativas para o futuro.

Carmen González é investigadora do Instituto de Investigaciones Marinas (IIM) e substitúe a Javier Rey Campos, da Misión Biológica de Galicia (MBG), como delegado institucional desde o pasado 18 de xaneiro.