----

Novo número do Cartafol Dixital

Xa pode consultar en liña o número 16 do Cartafol Dixital, voceiro da Universidade de Santiago de Compostela en materia de normalización lingüística.

(Máis información)

Entre os contidos deste número salientamos a presentación do novo vocabulario terminolóxico Termos esenciais de botánica, o artigo sobre o Plan Xeral de Normalización Lingüística recentemente aprobado ou a axenda cos novos cursos de formación lingüística organizados polo propio Servizo de Normalización da USC.


Para máis información, consulte en rede o Cartafol Dixital.