NOTICIA

----

A presidenta do Consello da Cultura Galega pecha en Lugo o ciclo de conferencias Destacando na ciencia

“Consello da Cultura Galega: 40 anos coa nosa cultura” é o título do relatorio que Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega, ofrece este venres na Casa do Saber de Lugo. É a última das conferencias do ciclo Destacando na ciencia, iniciativa promovida pola Vicerreitoría de Estudantes e Cultura, o programa IV Ciclo da Universidade de Santiago (USC) e o Concello de Lugo.

Na súa intervención, Rosario Álvarez fará un repaso pola traxectoria da institución que preside e que fai neste 2023 corenta anos de existencia.