Os Centros de Estudios Galegos analizan a súa actividade


A sede da Escola Galega de Administración Pública (Egap) acolleu o 20 e 21 de decembro a segunda edición do Encontro de Centros de Estudios Galegos, ó que asistiron investigadores de 42 universidades de fóra de Galicia nas que se imparte o noso idioma.
(Máis información)

A Dirección Xeral de Política Lingüística organizou este congreso no que lingüistas e representantes dos lectorados de 18 países elaboraron un paquete de medidas para coordinar o seu labor educativo e de difusión do idioma. Entre ditas medidas prevese a publicación dunha revista na que se dea conta das actividades destes 42 centros.

Ó longo do Encontro tamén se presentaron as Actas da VIII Conferencia Internacional de Linguas Minoritarias, que tivo lugar en Santiago de Compostela no ano 2001, e o semanario galego da emigración editado na Habana Galicia Moderna.