Cursos de formación en lingua galega e en linguaxe administrativa


A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria anuncia cursos de formación en lingua galega e en linguaxe administrativa para diversos colectivos.

(Máis información)

No DOG do 11 de febreiro, a Consellería de Educación abre o prazo de matrícula nos cursos de lingua destinados a adultos e colectivos tanto residentes en Galicia coma no exterior. Organízanse ademais cursos de formación para docentes de todos os niveis do ensino e un curso de linguaxe administrativa para o persoal que traballa na administración autonómica.


Pode consultar no DOG estas convocatorias:

- cursos para adultos e colectivos

- cursos para galegos residentes no exterior ou interesados na cultura galega.

- cursos para docentes

- curso de linguaxe administrativa.