I Simposio galego de Terminoloxía: Terminoloxía e planificación lingüística


A Sección de Lingua do Consello da Cultura Galega e Termigal organizan o I Simposio galego de Terminoloxía, que terá lugar os días 6, 7 e 8 de novembro en Santiago de Compostela.
(Máis información)

O simposio quere ser un punto de encontro e foro de debate sobre o desenvolvemento terminolóxico galego que sirva ó mesmo tempo para fomentar a colaboración e coordinación de esforzos entre profesionais e persoas interesadas neste ámbito.


As sesións desenvolveranse durante os días 6, 7 e 8 de novembro en horario de mañá, coincidindo coas IV Xornadas de Traballo da Asociación Española de Terminoloxía (AETER), organizadas polo Termigal e que terán lugar eses mesmos días en horario de tarde.


Todas as persoas interesadas teñen de prazo para formalizar a súa matrícula ata o 30 de outubro.


Se desexa máis información sobre o programa do simposio prema aquí.