Un chanzo máis na introducción do idioma na informática


Microsoft acaba de anunciar que o Office 2003, que se comercializará o vindeiro outono, contará cun corrector de galego.
(Máis información)

O corrector foi elaborado pola empresa galega Imaxín Software e consiste nunha actualización do que xa contén o Office XP.


Esta nova ferramenta detecta 21 millóns de palabras e achega
1 000 nomes e apelidos, 500 siglas, 700 abreviaturas e 1 200 topónimos galegos, portugueses, españois e europeos.


Malia seguirmos carecendo dun contorno Windows na nosa lingua, o desenvolvemento de ferramentas informáticas e software en galego contribúe en grande medida á normalización lingüística no, sen lugar a dúbidas decisivo, campo das novas tecnoloxías.