Novo portal para a promoción das linguas minorizadas


O pasado 26 de setembro, aproveitando a celebración do Día Europeo das Linguas, presentouse en Barcelona Lingualia.net, un novo portal multilingüe que ten como obxectivo a promoción e difusión das linguas minorizadas en Internet.
(Máis información)

O portal Lingualia enmárcase dentro do proxecto MININF, promovido pola Comisión Europea, o EBLUL e os centros Mercator, e que pretende crear espacios de traballo que xeren documentación e información relacionada coas minorías lingüísticas.


O portal Lingualia, un dos seus primeiros froitos, está estructurado como un directorio de enlaces web e documentos relacionados coas diferentes linguas minorizadas. Tamén conta coa sección “Enciclopedia”, pensada para que os diferentes centros de investigación e universidades presenten e difundan as súas propias publicacións.