Coñece os traballos gañadores dos premios “Nós tamén creamos!”


Sopa Verde, do CEIP Albeiros de Lugo; O Camiño, do CEE Miño de Ourense; e Un conto cheo de lobos, do CEIP Manuel Villar Paramá da Estrada foron os traballos galardoados na décima edición dos Premios a curtas de animación en galego “Nós tamén creamos!”. Trátase dunha iniciativa promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, en colaboración coa Corporación Radio e Televisión de Galicia e OQO editora, co obxectivo de fomentar a creatividade en galego e o uso das TIC entre o alumnado de educación infantil e primaria. Para ampliar información, preme aquí.