Xornadas sobre o audiovisual como medio normalizador no ensino


A Asociación Socio-Pedagóxica Galega e CIG-Ensino organizan as III Xornadas de Normalización Lingüística, que nesta edición terán como fío condutor o papel do audiovisual galego como ferramenta normalizadora no ámbito educativo. As sesións, dirixidas a persoal docente, terán lugar o sábado, 21 de xaneiro de 2023 no IES As Fontiñas (Santiago de Compostela). A matrícula é de balde mais cómpre inscrición.