Premios a curtas de animación en galego


A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Xunta de Galicia convocan unha nova edición dos premios a curtas de animación en galego creadas no marco do programa “Nós tamén creamos!” 2022-2023. Outorgarase un premio para cada unha das tres categorías que establece o certame: curtas realizadas con alumnado de segundo ciclo de educación infantil; curtas con alumnado de primeiro e segundo de educación primaria; curtas con alumnado de terceiro e cuarto de educación primaria. O prazo para presentar a solicitude de participación remata o 1 de febreiro de 2023. A data límite para enviar as curtametraxes é o 30 de maio de 2023.
Para obter máis información sobre esta iniciativa ou consultar as bases completas da convocatoria, preme aquí.