Publicadas as conclusións dos XXIV Encontros para a Normalización Lingüística


A Comisión Técnica do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia, cumprindo co compromiso adquirido ao remate dos Encontros, elaborou un documento de conclusións a partir das intervencións das persoas convidadas, dos debates e dos comentarios dos asistentes.

Nel destácase o nivel de aceptación das expresións artísticas propias por parte do público galego, así como a necesidade de que medios de comunicación e institucións contribúan á consolidación de estruturas e espazos de difusión para estas.

Infórmate con máis detalle na seguinte ligazón.