Novas da lingua. EMPREGO

Rexistros31 a 60 de 348
22/12/2022. EMPREGO

Praza de técnico/a de normalización lingüística no Concello de Carnota

O Concello de Carnota publica as bases xerais e específicas que rexerán os procesos selectivos para a cobertura de diferentes prazas incluídas na oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal do ano 2022. Entre as prazas ofertadas inclúese a de técnico/a de normalización lingüística (persoal laboral, asimilado ao grupo A1). O sistema de selección será o concurso de méritos. Os/as aspirantes deben posuír, ou estar en condicións de obter na data de terminación do prazo de presentación de solicitudes, o grao en Lingua e Literatura Galegas, a licenciatura en Filoloxía Galega, Filoloxía Galego-Portuguesa ou Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués), ou calquera outra licenciatura ou grao pertencente ás áreas de humanidades ou ciencias sociais e xurídicas, sempre que ademais estean en posesión do Celga 5. O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio do extracto da convocatoria no BOE.

Podes consultar o texto completo das bases premendo aquí.
21/12/2022. EMPREGO

Praza de técnico/a de normalización lingüística no Concello de Oleiros

O Concello de Oleiros publica a convocatoria do proceso selectivo para cubrir diferentes prazas, de acordo coas medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público. Entre as prazas convocadas inclúese a de "Normalizador/a lingüístico". O sistema de selección será o concurso de méritos. Os/as aspirantes deben estar en posesión dunha diplomatura universitaria ou equivalente. Tal e como se indica nas bases xerais para os procedementos selectivos de persoal laboral fixo e persoal funcionario/a de carreira (publicadas no BOP do 23 de setembro de 2022), o prazo de presentación de solicitudes é de 20 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da convocatoria no BOE.
20/12/2022. EMPREGO

O Concello de Outes convoca a praza de técnico/a de promoción, dinamización lingüística e sociocultural

O Concello de Outes publica as bases xerais e específicas que rexerán os procesos selectivos de estabilización do emprego temporal. Entre as prazas convocadas inclúese a de "Técnico/a Promoción / Dinamización Lingüística e Sociocultural" (persoal laboral, grupo equivalente a A1). O sistema de selección será o concurso de méritos. Os/as aspirantes deben estar en posesión da licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués), do grao en Lingua Galega, ou calquera outra licenciatura ou grao da área de humanidades ou ciencias xurídicas, sempre que se dispoña do Celga 5 ou equivalentes. O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio do extracto da convocatoria no BOE. [BOE do 29 de maio de 2023: novo prazo]

Podes consultar o texto completo das bases premendo aquí.

19/12/2022. EMPREGO

Praza de asesor/a lingüístico/a no Concello de Pontevedra

O Concello da Pontevedra publica as bases xerais e específicas da convocatoria para cubrir as prazas vacantes recollidas na OEP para a estabilización de emprego temporal do ano 2022. Entre as prazas incluídas neste proceso está a de asesor/a lingüístico/a (funcionario/a, grupo A1). O sistema de selección será o concurso de méritos. Os/as aspirantes deben estar en posesión da licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués), do grao en Lingua Galega ou calquera outra licenciatura ou grao ou outras titulacións superiores pertencentes a área de humanidades ou ciencias xurídicas e sociais, sempre que estean en posesión do certificado de lingua galega do nivel 5 (CELGA 5), ou en condición de obtelo na data de terminación do prazo de presentación de instancias. O prazo de presentación de instancias é de 20 días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio do extracto da convocatoria no BOE.

Podes consultar o texto completo das bases premendo aquí.

19/12/2022. EMPREGO

Praza de técnico/a de normalización lingüística no Concello de Fisterra

O Concello da Fisterra publica as bases xerais e específicas da convocatoria excepcional dos procesos selectivos correspondentes ás prazas estruturais vacantes de persoal laboral fixo do concello, incluídas no proceso de estabilización do emprego temporal de longa duración. Entre as prazas incluídas neste proceso está a de técnico/a de normalización lingüística (persoal laboral, grupo II). O sistema de selección será o concurso de méritos. Os/as aspirantes deben estar en posesión, ou en condicións de obter na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, do título de grao ou antiga diplomatura ou equivalentes. O prazo de presentación de instancias é de 20 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio do extracto da convocatoria no BOE.

Podes consultar o texto completo das bases premendo aquí. [modificación das bases]
19/12/2022. EMPREGO

Praza de técnico/a de normalización lingüística no Concello de Ferrol

O Concello da Ferrol publica as bases que rexerán os procesos selectivos extraordinarios de estabilización de emprego temporal. Entre as prazas incluídas neste proceso de estabilización está a de técnico/a de normalización lingüística (funcionario/a, subgrupo A1). O sistema de selección será o concurso de méritos. Os aspirantes deben estar en posesión da licenciatura ou grao en Filoloxía Hispánica (Subsección Galego- Portugués) ou Filoloxía Galega. O prazo de presentación de instancias é de 20 días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio do extracto da convocatoria no BOE.

Podes consultar o texto completo das bases premendo aquí.

15/12/2022. EMPREGO

Praza de técnico/a de normalización lingüística no Concello da Coruña

O Concello da Coruña publica as bases do proceso selectivo para a cobertura dunha praza de técnico/a de normalización lingüística (funcionario/a, subgrupo A2), dentro do proceso extraordinario de estabilización do emprego público. O sistema de selección será o concurso de méritos. Os aspirantes deben estar en posesión ou en condición de obter, antes do remate do prazo de presentación das instancias, do grao en Filoloxía Galega, Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués), Lingua e Literatura Galegas ou equivalente. O prazo de presentación de instancias é de 20 días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio do extracto da convocatoria no BOE.

Podes consultar o texto completo das bases premendo aquí.
13/12/2022. EMPREGO

Praza de filólogo/a no Concello da Coruña

O Concello da Coruña publica as bases do proceso selectivo para a cobertura dunha praza de filólogo/a (funcionario/a, subgrupo A1), dentro do proceso extraordinario de estabilización do emprego público. O sistema de selección será o concurso de méritos. Os aspirantes deben estar en posesión ou en condición de obter, antes do remate do prazo de presentación das instancias, do grao en Lingua e Literatura Galegas, Filoloxía Galega, Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués) ou equivalente. O prazo de presentación de instancias é de 20 días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio do extracto da convocatoria no BOE.

Podes consultar o texto completo das bases premendo aquí.
13/12/2022. EMPREGO

Praza de técnico/a de normalización lingüística no Concello de Ames

O Concello de Ames publica a convocatoria e mais as bases xerais e específicas que rexerán os procesos selectivos para cubrir as prazas de estabilización de emprego temporal incluídas na OPE de 2022. Entre as prazas ofertadas inclúese unha de técnico/a de normalización lingüística (persoal laboral, grupo A1). O sistema de selección será o concurso de méritos. Os aspirantes deben estar en posesión ou en condición de obter, antes do remate do prazo de presentación das instancias, a licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués), o grao en Lingua Galega, ou a titulación en calquera outra licenciatura/grao pertencentes á área de Humanidades ou de Ciencias Xurídicas, sempre que se dispoña do Celga 5, ou equivalentes. O prazo de presentación de instancias é de 20 días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE.
Podes consultar o texto completo das bases premendo aquí. [corrección de erros]
12/12/2022. EMPREGO

Praza de técnico/a de normalización lingüística no Concello de Teo

O Concello de Teo publica a convocatoria e mais as bases xerais e específicas que rexerán os procesos selectivos de estabilización de emprego temporal. Entre as prazas ofertadas inclúese unha de técnico/a de normalización lingüística (persoal laboral, grupo I). O sistema de selección será o concurso de méritos. Os aspirantes deben estar en posesión ou en condición de obter, antes do remate do prazo de presentación das instancias, a licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués), o grao en Lingua Galega, ou a titulación en calquera outra licenciatura/grao pertencentes á área de Humanidades ou de Ciencias Xurídicas e Sociais, sempre que se dispoña do Celga 5. O prazo de presentación de instancias é de 20 días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE.

Podes consultar o texto completo das bases premendo aquí.
12/12/2022. EMPREGO

Praza de técnico/a de normalización lingüística no Concello de Muros

O Concello de Muros publica as bases xerais e específicas que rexerán as convocatorias dos procesos selectivos correspondentes ás prazas de estabilización de emprego temporal do ano 2022. Entre as prazas ofertadas inclúese unha de técnico/a de normalización lingüística (persoal laboral, grupo I). O sistema de selección será o concurso de méritos. O prazo de presentación de instancias é de 20 días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE.
Podes consultar o texto completo das bases premendo aquí. [corrección de erros]
12/12/2022. EMPREGO

Praza de técnico/a de normalización lingüística no Concello de Dumbría

O Concello de Dumbría publica a convocatoria e mais as bases xerais e específicas do proceso selectivo das prazas incluídas na oferta de emprego público para 2022, para a estabilización de emprego temporal. Entre as prazas convocadas inclúese unha de técnico/a de normalización lingüística (persoal laboral, grupo II). O sistema de selección será o concurso de méritos. O prazo de presentación de instancias é de 20 días naturais, contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE.
Podes consultar o texto completo das bases premendo aquí.
04/10/2022. EMPREGO

Bolsa de formación no SNL do Concello de Ames

O Concello de Ames, a través do programa de formación da Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA), convoca unha bolsa para realizar prácticas no seu Servizo de Normalización Lingüística. Poden presentarse todas aquelas persoas que teñan o título de grao en Lingua e Literatura Galegas, posúan coñecementos sobre o manexo de procesadores de texto e teñan o carné de conducir. A duración da bolsa será de doce meses. O prazo para presentar as solicitudes remata o 21 de outubro, ás 14:00 horas. Para ampliar información, preme aquí.

22/07/2022. EMPREGO

Bolsas de formación no Centro Ramón Piñeiro

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publica o concurso público de dez bolsas de formación no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Os/as beneficiarios/as colaborarán nos seguintes proxectos: Bibliografía da literatura galega (1 bolsa), Fraseoloxía galega (2 bolsas), Corpus de referencia do galego actual (1 bolsa), Cantigas de Santa María (1 bolsa), Prosa literaria medieval (1 bolsa), Terminoloxía científico-técnica (1 bolsa), Recursos para o desenvolvemento das tecnoloxías a fala (1 bolsa), Base de datos do ALIR (1 bolsa) e Dicionarios de literatura (1 bolsa). A data estimada de comezo é o 1 de decembro de 2022 e os/as bolseiros/as rematarán, en calquera caso, o 30 de novembro de 2024. O prazo de presentación de solicitudes é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria.

12/07/2022. EMPREGO

Convocatoria de nove postos para colaborar no Proxecto Nós

A Universidade de Santiago de Compostela publica unha convocatoria para a contratación de persoal colaborador en diferentes proxectos de investigación. Entre os postos ofertados hai nove para colaborar no "Proxecto Nós: O galego na sociedade e economía da intelixencia artificial", impulsado por esta universidade e mais a Xunta de Galicia. A forma de provisión será o concurso de méritos. O prazo de presentación de solicitudes remata o 15 de xullo de 2022. Para ampliar información, preme aquí.
28/06/2022. EMPREGO

Convocatoria de prazas e bolsas de formación en diferentes centros de estudos galegos

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publica dúas convocatorias públicas para cubrir seis bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas das universidades do Algarve, Berlín, Padua, Río de Janeiro, Roma e Zadar; así como cinco prazas nos lectorados das universidades de Heidelberg, Kiel, Miño, Varsovia e País Vasco. En ambas as dúas convocatorias, o prazo de presentación de solicitudes é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.
20/06/2022. EMPREGO

Praza de técnico/a de normalización lingüística no Concello de Val do Dubra

O Concello de Val do Dubra publica, no BOP do 20 de xuño de 2022, as bases da convocatoria para a provisión, en réxime de interinidade, dunha praza de técnico/a de normalización lingüística e apoio á secretaría. O sistema de selección é o de oposición libre. Os/as aspirantes deben estar en posesión da licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués), grao en Lingua Galega, ou titulado en calquera outra licenciatura/grao pertencentes á área de Humanidades ou de Ciencias Xurídicas e Sociais, sempre que se dispoña do Celga 5. O prazo de presentación de instancias para participar no proceso selectivo é de 8 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP.
15/06/2022. EMPREGO

Praza de tradutor/a de lingua galega na Deputación de Ourense

A Deputación de Ourense publica, no BOP do 13 de xuño de 2022, as bases da convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de tradutor/a de lingua galega (A1). O sistema de selección é o de oposición libre. Os/as aspirantes deben estar en posesión do título universitario de grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios (galego e español), estudos de galego e español, de galego e portugués: estudos lingüísticos e literarios, lingua e literatura galegas, tradución e interpretación ou equivalentes ou calquera outro título oficial universitario nivel 3 do marco español de cualificacións para a educación superior (nivel 7 do marco europeo de cualificacións) en calquera rama do coñecemento. O prazo de inscrición é de 20 días naturais, contados a partir da publicación do anuncio no BOE.
25/05/2022. EMPREGO

Oferta de traballo para subtitulación de programas de televisión

La Región busca profesionais para a elaboración, corrección e tradución de textos ao galego. As persoas interesadas poden enviar o seu currículo a: producciontv@op.laregion.es.
24/05/2022. EMPREGO

Bolsas de colaboración no Consello da Cultura Galega

O Consello da Cultura Galega publica a convocatoria de tres bolsas de colaboración en diferentes proxectos de investigación que se están a desenvolver nesta entidade, un deles de perfil lingüístico, ádscrito á Área de Publicacións (1 bolsa). Para optar a esta bolsa cómpre estar en posisión do título de licenciatura ou grao en Filoloxía Galega, Galego-Portuguesa, Lingua e Literatura Galegas, ou titulacións equivalentes. As bolsas finalizarán o 31 de xullo de 2023 e terán unha duración máxima de catorce meses. O prazo de presentación de solicitudes é dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria.
18/05/2022. EMPREGO

Ampliación da bolsa de traballo para contratacións como técnico/a de normalización lingüística no Concello de Cedeira

O Concello de Cedeira publica a convocatoria para a ampliación da súa bolsa de traballo para a contratación laboral temporal, ou nomeamentos interinos, como técnico/a de normalización lingüística. O sistema de provisión é un concurso de méritos e mais unha entrevista curricular. Os/as aspirantes deben estar en posesión do grao en Lingua Galega, das licenciaturas en Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués), ou calquera outra titulación de grao/licenciatura equivalente (neste último caso, deben acreditar o Celga 5). O prazo de presentación de solicitudes é de dez días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP.
18/05/2022. EMPREGO

Elaboración de lista de agarda para contratacións temporais no Centro de Linguas Modernas da USC

A Universidade de Santiago de Compostela publica as bases da convocatoria para elaborar unha listaxe de agarda para cubrir temporalmente postos da categoría profesional técnico/a superior de linguas modernas, perfil galego-portugués (grupo I). O proceso selectivo será o concurso-oposición. Para participar na convocatoria cómpre estar en posesión do título universitario de grao, doutor, licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalentes. O prazo de presentación de solicitudes remata o 23 de maio de 2022. Para consultar o texto completo da convocatoria, preme aquí.
18/03/2022. EMPREGO

Praza de técnico/a de normalización lingüística no Concello de Valga

O Concello de Valga publica as bases e a convocatoria do proceso selectivo para a provisión temporal, como funcionario/a interino/a (A1), dun posto de traballo de técnico/a de normalización lingüística; así como para a formación dunha bolsa de traballo. O proceso selectivo será o de oposición. Os/as aspirantes deberán estar en posesión da licenciatura en Filoloxía Galega ou do grao en Lingua e Literatura Galegas. O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria.
18/02/2022. EMPREGO

Contrato de colaboración no Instituto da Lingua Galega

A Universidade de Santiago de Compostela anuncia a convocatoria pública de contratación de persoal para colaborar en diferentes proxectos de investigación. Entre as prazas ofertadas anúnciase unha para colaborar no Instituto da Lingua Galega, concretamente, no proxecto “Contacto, cambio lingüístico e ideoloxía en contextos de minorización lingüística”. A forma de provisión é o concurso de méritos. A duración do contrato será de seis meses, cunha xornada a tempo parcial (75%). O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 22 de febreiro de 2022. Para consultar as bases completas da convocatoria, preme aquí.
07/02/2022. EMPREGO

Ábrense listas de substitucións para profesorado de Lingua e Literatura galegas

A Consellería de Educación da Xunta de Galicia convoca un procedemento urxente para elaborar listas de interinidades e substitucións que inclúe, entre outras especialidades, a de Lingua e Literatura galegas. O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o martes 8 de febreiro. Podes consultar o texto completo da convocatoria premendo aquí.
02/02/2022. EMPREGO

A Real Academia Galega convoca dous contratos de perfil lingüístico

Trátase de dous contratos eventuais a tempo completo de persoal técnico, para colaborar nos proxectos lexicográficos da Real Academia Galega e na redacción e revisión lingüística e estilística de textos. A duración dos contratos será de seis meses, desde o 14 de marzo ao 13 de setembro de 2022, cun salario bruto de 9.210,40 euros, pagas extraordinarias incluídas. Os/as candidatos/as deben estar en posesión da Licenciatura ou Grao en Filoloxía Galega, Filoloxía Galego-Portuguesa ou titulación equivalente. O prazo de presentación de solicitudes remata o 11 de febreiro de 2022. Podes consultar o texto completo da convocatoria premendo aquí.

21/12/2021. EMPREGO

Contrato de investigación no Instituto da Lingua Galega

A Universidade de Santiago de Compostela anuncia a convocatoria pública de contratación de persoal para colaborar en diferentes proxectos de investigación. Entre as prazas ofertadas anúnciase unha con perfil lingüístico para colaborar no proxecto “Atlas Lingüístico Galego”, que se está a desenvolver no Instituto da Lingua Galega. A forma de provisión é o concurso de méritos. A duración do contrato será de once meses e medio, cunha xornada do 75%. O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 27 de decembro de 2021. Para consultar as bases completas da convocatoria, preme aquí.
15/12/2021. EMPREGO

Prazas de técnico/a de normalización lingüística na Universidade de Vigo

A Universidade de Vigo publica as bases do proceso selectivo para cubrir dúas prazas de persoal laboral fixo da categoría de técnico/a superior de normalización lingüística da Universidade de Vigo, grupo I, unha pola quenda de acceso libre e outra pola quenda de promoción interna. O sistema de selección será o concurso-oposición e as persoas aspirantes só poderán participar nun dos dous sistemas citados: acceso libre ou promoción interna. O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no BOE. [Modificación da convocatoria no DOG do 24 de marzo de 2022 e novo prazo de presentación de solicitudes de 20 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no BOE do 16 de maio de 2022.]

02/11/2021. EMPREGO

Praza de técnico/a de normalización lingüística no Concello de Narón

O Concello de Narón publicou no BOP da Coruña do 28 de xuño de 2021 as bases para a provisión dunha praza de técnico/a superior de normalización lingüística (grupo A1). O sistema de selección será o concurso-oposición. Os/as aspirantes deben estar en posesión da licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa; Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués); ou do grao en Lingua Galega ou equivalente. O prazo de presentación de solicitudes é de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no BOE.
22/10/2021. EMPREGO

Contrato de colaboración no Instituto da Lingua Galega

A Universidade de Santiago de Compostela anuncia a convocatoria pública de contratación de persoal para colaborar en diferentes proxectos de investigación. Entre as prazas ofertadas anúnciase unha con perfil lingüístico para colaborar no proxecto “A lingua das novas xeracións: competencia, cambio lingüístico, actitudes, mantemento e transmisión da lingua”, que se está a desenvolver no Instituto da Lingua Galega. A forma de provisión é o concurso de méritos. A duración do contrato será de cinco meses. O prazo de presentación de solicitudes remata o 26 de outubro de 2021. Para consultar as bases completas da convocatoria, preme aquí.