culturanacasa

Rexistros 1 a 30 de 66
15/09/2020

Pechamos #OlladassobreNós, a revisión en clave actual da revista Nós, coa lectura de Teresa Táboas sobre o texto de Otero Pedrayo "Notas encol do sentimento da paisaxe n’antiga epopeya irlandesa”.

13/09/2020

Francisco San Román naceu en Nigrán e acabou converténdose en Montevideo en "El Rey de los cafeteros", podes coñecer máis del no noso #albumdegalicia

12/09/2020

Como cada sábado propoñemos un #roteiro pola xeografía da man da literatura. Hoxe visitamos as terras de Miranda da man de Álvaro Cunqueiro.

10/09/2020

Hoxe recuperamos a versión interactiva do libro de Pablo Carpinteiro "Os instrumentos musicais na tradición galega", unha forma de por de manifesto a nosa riqueza de instrumentos musicais e aproximarnos á súa historia.

09/09/2020

A filóloga, cantora, produtora e improvisadora oral galega, Alba María canta ante a obra de Damián Ucieda "Untitled #16" da serie Simulacrum. É a súa forma de expresarse no marco do noso proxecto Na voz da obra.

08/09/2020

Carme Fernández Pérez-Sanjulián comenta "A xeración de Risco", un artigo publicado por un mozo Carballo Calero en 1934. Forma parte do noso especial "Olladas sobre Nós".

06/09/2020

Syra Alonso foi unha das máis excepcionais cronistas da represión franquista. Coñece máis dela no Álbum de Galicia.

05/09/2020

Colaboramos nesta edición do Festiletras, que se desenvolve estes días na aldea do Couto en Ponteceso. E aproveitamos para propoñer un itinerario pola Costa da morte da man de Eduardo Pondal.

04/09/2020

Neste especial podes escoitar a música dun dos grandes compositores galegos, Andrés Gaos. Nel destacan as pezas "Muiñeira" e "Alalá", que son dúas das pezas que o compositor interpeta ao piano.

03/09/2020

Uxa, Continental e Sempre Xonxa son tres filmes que inauguraron o cinema galego. Neste especial podes velos completos e tes unha unidade didáctica para poder entendelos no seu contexto.

01/09/2020

Mariló Candedo analiza un artigo de Xaquín Lorenzo "Xocas" titulado "A muller no cancioneiro galego", no marco do noso especial "Olladas sobre Nós"

31/08/2020

A gaita de Perfecto Feijoo, fundador do pioneiro coro Aires da Terra, é un dos obxectos que conforman a nosa exposición Galicia 100

30/08/2020

Hoxe lembramos a Antonio Baltar Domínguez, médico exiliado e cunha gran sensibilidade social e compromiso coa cultura: “el resorte o el camino que permite al hombre ser más humano, más dueño de su destino”. Podes ler máis del no Álbum de Galicia

29/08/2020

Ourense e A Coruña son as dúas cidades conectadas coa figura de Curros Enríquez. No marco do noso proxecto Roteiros propoñemos dous itinerarios da man desta figura do rexurdimento

26/08/2020

Neste especial damos conta da relevancia do Centro Galego de La Habana como máximo referente da colectividade galega residente en Cuba

26/08/2020

Subimos ao Álbum Nós a entrada de Ben Cho Sey, mestre e político galeguista que foi o gran valedor da cultura galega no Madrid dos anos da posguerra

25/08/2020

Moitas polas da árbore da ciencia floreceron vizosas coa revista Nós, pero outras, como as ciencias xurídicas, ficaron murchas. Con todo o xurista José Antonio Gómez Segade comenta un artigo de Valentín Paz -Andrade titulado "A nosa definición autonomista". Di del que é un "fervedoiro de ideas e as críticas do “centralismo cesarista” ou da “nugalla inhibitoria” manteñen validez, igual que o seu chamamento pioneiro ao protagonismo das mulleres “nas milicias cívicas da galeguidade”.

24/08/2020

No marco da exposición Galicia100 hoxe recuperamos o home clástico. Unha figura de 120 centímetros, composta por máis de dúascentas pezas e que custaba 1170 pesetas en 1870. Chegou a algúns institutos da man dos gabinetes de ciencia e da implantación da materia de fisioloxia e hixiene.

20/08/2020

A terceira reportaxe de culturagalega.gal aborda como Seoane e Díaz Pardo trataron nas súas cartas as esperanzas e as pexas que foron atopando ao longo dos anos para desenvolver un proxecto como Sargadelos, os problemas no fraquismo e a importancia de crear obxectos cotiáns vencellados á historia e á tradición do país.

19/08/2020

Subimos ao Repertorio de Prensa da Emigración un número "Do noso lar", un álbum literario e artístico editado en 1923 pola asociación "Mondoñedo y sus distritos" para conmemorar a festividade da patroa de Mondoñedo, a Virxe dos Remedios.

18/08/2020

No ciclo #OlladassobreNós Francisco Díaz-Fierros revisa o artigo "Retorno á paisaxe" de Luis Manteiga, un autor descoñecido pero cunha visión da paisaxe moi singular.

17/08/2020

"Non quero ser doado nin vendido". Así reza o anel do chamado «tesouro de san Gonzalo» que se supón noutrora pertencentes ao bispo mindoniense Gonzalo Fróilaz. É un dos obxectos da nosa exposición Galicia100.

16/08/2020

Puxo en marcha os primeiros estudos sobre cartografía e sistemática de solos, Manuel Muñoz Taboadela foi un dos impulsores da edafoloxía en Galicia. No Álbum de Galicia podes saber máis del.

15/08/2020

Este roteiro lévanos aos escenarios vitais da gran poeta Rosalía de Castro, símbolo do Rexurdimento de Galicia. A través de pazos, igrexas e paisaxes, coñeceremos a inspiración da súa obra.

14/08/2020

Nesta páxina podes consultar todos os informes realizados pola institución no marco da súa función asesora.

13/08/2020

Hoxe publicamos a segunda reportaxe que analiza as cartas cruzadas entre Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo e que colgaremos na rede o vindeiro día 22 de agosto, co centenario do nacemento de Díaz Pardo. Esta análise esmiuza as reflexións que lles producen a estes intelectuais o fenómeno migratorio. Isaac Díaz Pardo, pendente das súas fábricas de cerámica desde Galicia e Arxentina, escrebe a un Luís Seoane itinerante que percorre o mundo tralas súas exposicións, eventos e a produción artística.

12/08/2020

Rescatamos o Repertorio de Prensa da Emigración que compila 756 referencias hemerográficas editadas tanto polas asociacións de emigrantes como por persoeiros destacados da colectividade galega. Son, entre moitos outros formatos, boletíns, xornais de información xeral, revistas culturais, revistas e voceiros internos das asociacións de emigrantes que están relacionadas co feito migratorio.

12/08/2020

Incorporamos ao Álbum Nós a entrada de Leonardo Coimbra, pensador e político portugués, símbolo da comuñón galeguista con Portugal nos anos 20

11/08/2020

Uxío-Breogán Diéguez analiza o artigo de Álvaro de Las Casas titulado “A illa de Ons”. "É un artigo pioneiro no referido aos estudos interdisciplinares sobre a devandita illa galega e que segue o ronsel da macroinvestigación Terra de Melide (1933) do Seminario de Estudos Galegos" asegura. É unha nova entrega do ciclo "Olladas Sobre Nós" que revisa a centenaria publicación cunha mirada contemporánea.

10/08/2020

Un conxunto de oito pezas de xadrez talladas en cristal de rocha e feitas no Exipto fatimí. Custódianse, desde 1958, no Museo Catedralicio de Ourense e forman parte dun dos cen obxectos que nos definen como cultura. Está na nosa exposición Galicia100.