convocatorias

Rexistros 31 a 47 de 47
26/06/2015

Modificación da listaxe definitiva de admitidos/as e excluidos/as do Anexo II

Con motivo da recepción da documentación remitida por Ana Vilanova Arca, con data de entrada no rexistro da Delegación Territorial de Pontevedra da Consellería de Presidencia, Administacións Públicas e Xustiza o 18/06/2015, acórdase a modificación da listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as do anexo II, e procédese a incluíla na listaxe de admitidos/as que se achega.
26/06/2015

Listaxe coas puntuacións provisionais para a adxudicación das bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega.

De acordo co previsto na cláusula décimo primeira da Resolución do 21 de abril de 2015, pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de tres bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se está a desenvolver no Consello da Cultura Galega (DOG Nº 80, de 29 de abril de 2015), e unha vez realizada a avaliación dos méritos e recibidas as propostas das comisións de valoración correspondentes, procédese á publicación das listaxes coa puntuación provisional.

O prazo de exposición destas listaxes provisionais será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, durante os cales se poderán facer as alegacións pertinentes.

23/06/2015

Relación definitiva de solicitudes admitidas e excluídas no proceso de selección de tres bolsas de colaboración en proxectos de investigación do Consello da Cultura Galega.

De acordo co previsto na cláusula décima da Resolución do 21 de abril de 2015, pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de tres bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver e se anuncia a súa convocatoria (DOG núm. 80, do 29 de abril de 2015), e unha vez rematados os dez días hábiles para as oportunas reclamacións, publícase a relación definitiva de solicitudes admitidas e excluídas no proceso de selección.
22/06/2015

Listaxe coas puntuacións provisionais para a adxudicación das bolsas na Casa de Velázquez en Madrid.

De acordo co previsto na cláusula décimo primeira da Resolución do 3 de marzo de 2015, pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de dúas bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid, e unha vez realizada a avaliación dos méritos e recibidas as propostas das comisións de valoración correspondentes, procédese á publicación das listaxes coa puntuación provisional.
O prazo de exposición destas listaxes provisionais será de 10 días naturais contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, durante os cales se poderán facer as alegacións pertinentes.
08/06/2015

Listado de solicitudes admitidas e excluídas no proceso de selección de tres bolsas de colaboración

De acordo co previsto na base sexta da Resolución do 21 de abril de 2015, pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de tres bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver e se anuncia a súa convocatoria (DOG núm. 80, do 29 de abril de 2015), despois de rematar o prazo de presentación e unha vez realizada a revisión das solicitudes recibidas e a documentación achegada, procédese á publicación das listaxes de solicitudes admitidas e excluídas no proceso de selección.
25/05/2015

Relación definitiva de solicitudes admitidas e excluídas no proceso de selección de dúas bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid

De acordo co previsto na cláusula sexta da Resolución do 19 de marzo de 2015, pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de dúas bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2015), e unha vez rematados os dez días hábiles para as oportunas reclamacións, publícase a relación definitiva de solicitudes admitidas e exluídas no proceso de selección.
29/04/2015

Convocatoria pública de tres bolsas de colaboración en proxectos de
investigación do Consello da Cultura Galega

O Diario Oficial de Galicia (nº80, do 29 de abril de 2015) fai públicas as bases que rexerán a convocatoria pública de tres bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver na institución e anuncia a súa convocatoria. O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de maio.

Descarga a convocatoria
09/04/2015

Aberto o prazo de recepcion de papers para o primeiro Mateus DOC- Galicia

O concepto Migración inaugura o primeiro Mateus DOC Galicia. Un encontro de reflexión e debate interdisciplinar entre doutorandos e postdocs que segue o espírito do programa Mateus DOC que se desenvolverá entre os días 18 e 20 de setembro de 20015. A cita está organizada polo Instituto Internacional Casa de Mateus e o Consello da Cultura Galega.
19/03/2015

Convocatoria pública de dúas bolsas de estadía do Consello da Cultura Galega na Casa de Velázquez en Madrid

Para contribuír a acrecentar o estudo e a investigación da proxección da cultura galega, notablemente no mundo francófono, o Consello da Cultura Galega e a Casa de Velázquez en Madrid fan pública a convocatoria dunha bolsa de creación e outra de investigación. O prazo de presentacións remata o vindeiro 20 de abril. (PRAZO PECHADO)

04/07/2012

Adxudicación das bolsas aos candidatos titulares seleccionados na convocatoria pública (DOG nº 75 do 19 de abril de 2012)

Pode descargar aquí á adxudicación das bolsas do Consello da Cultura Galega
28/06/2012

Relación de titulares e suplentes das bolsas de colaboración do Consello da Cultura Galega

Pode descargar aquí a listaxe coa relación de titulares e suplentes das bolsas de colaboración do Consello da Cultura Galega
14/06/2012

Listaxe coa puntuación provisional

Pode descargar aquí a listaxe coa puntuación provisional
11/06/2012

Relacion definitiva de solicitudes de bolsas de colaboración e proxectos de investigación do Consello da Cultura Galega

Pode descargar aquí a listaxe definitiva
28/05/2012

Publicación das listaxes de solicitudes admitidas e excluídas da convocatoria pública de cinco bolsas DOG núm. 75, do 21 de abril de 2012

Pode descargar aquí listaxe de solicitudes admitidas e excluidas
19/04/2012

Nova convocatoria de bolsas do Consello da Cultura Galega

Hoxe, o Diario Oficial de Galicia publica a RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2012 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de cinco bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega e se anuncia a súa convocatoria.

Pode descargar aquí a convocatoria
27/07/2011

Resolución das bolsas de colaboración en proxectos de investigación do Consello da Cultura Galega

Publícase a adxudicación das bolsas aos titulares seleccionados na convocatoria publicada no DOG nº 89 do 9 de maio de 2011.
11/07/2011

Listaxe provisional de bolseiros de colaboración en proxectos de investigación do Consello da Cultura Galega

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2011
20/06/2011

Relación de admitidos e excluídos nas bolsas de colaboración 2011

NOTA INFORMATIVA DO 20 DE XUÑO DE 2011 DA XERENCIA DO CONSELLO A CULTURA GALEGA CON RELACIÓN Á CONVOCATORIA DE SEIS BOLSAS DE COLABORACIÓN (DOG, nº 89, do 9 de maio).
09/05/2011

Convocatoria pública de seis bolsas de colaboración no CCG

Bases que rexerán a convocatoria pública de seis bolsas de colaboración en proxectos de investigación no Consello da Cultura Galega