culturanacasa

Rexistros 31 a 60 de 66
09/08/2020

Un pequeno cráter da lúa e varias estrelas levan o nome de Ramón María Aller (Lalín, 1878-1966). Podes coñecer máis sobre a figura deste astrónomo no noso Álbum de Galicia

08/08/2020

No marco do noso proxecto Roteiros propoñemos un itinerario polas praias, monumentos, castros e espazos vitais da comarca do Barbanza onde Castelao pasou os seus primeiros anos.

07/08/2020

A historia de Elisa e Marcela, explicar a relevancia de administrar ben o consumo de auga e a súa importancia no ecosistema; ensinar as problemáticas do solo....son algunhas das historias que adaptamos para divulgar a ciencia e nosa cultura.

05/08/2020

Mantemos aberto permanentemente o Proxecto de Recuperación fotográfica e documental do Arquivo da Emigración Galega. Proposta encamiñada a coñecer a cara máis persoal e invisible do fenómeno migratorio

04/08/2020

María López Sández revisa en clave actual un artigo de Otero Pedrayo no marco do noso proxecto "Olladas sobre Nós"

03/08/2020

Da exposición Galicia 100 rescatamos un xugo da época medieval. Esta peza fala da sociedade do momento, da economía, da relación co contorno e da tecnoloxía agraria.

27/07/2020

A música e o baile tradicional centran a decimocuarta entrega dos Diálogos confinados, a última deste verán. Desta volta, a conversa contou con Montse Rivera e Xaneco Tubío. A conversa estivo moderada por Xulia Feixóo.


23/07/2020

Na cuarta entrega de Galego 2.0 centrámonos no ensino, un ámbito de especial relevancia para a normalización do noso idioma. Neste taboleiro atoparás unha selección de repositorios e recursos didácticos en liña deseñados para servir de apoio á docencia en galego nas diferentes etapas educativas

21/07/2020

Susana Reboreda analiza un artigo de Florentino López Cuevillas no marco do proxecto Olladas sobre Nós, unha revisión en clave actual da centenaria publicación

20/07/2020

Di a tradición que a ara de San Paio chegou co corpo do Apóstolo Santiago. Esta mesa de altar é un dos obxectos que compoñen a nosa exposición Galicia 100

16/07/2020

O ciclo (re)pensamos recupera o relatorio de Mónica Threlfall falando sobre a representación política ideal.

16/07/2020

Hoxe, no marco do noso produto Galego 2.0, ofrecemos un novo taboleiro en pinterest. Nesta ocasión xuntamos encrucillados, sopas de letras, enforcados, xeroglíficos… xogos accesibles en liña para a infancia e a mocidade.

14/07/2020

Marica Campo analiza un conto recollido por Ben Cho Sey no noso proxecto Olladas sobre Nós

13/07/2020

Hoxe ofrecemos un novo obxecto da nosa exposición Galicia 100: o Sarcófago de san Martiño de Dumio de Braga (Portugal)

09/07/2020

Os xoves temos unha nova entrega de Galego 2.0. Hoxe toca "Enredad@s co audiovisual", unha escolma de filmes, curtametraxes, series de animación, vídeos, programas televisivos ou proxectos de radio escolar deseñados para promover o uso do galego entre a infancia e a mocidade.

06/07/2020

A lápida de San Pedro de Rocas, un testemuño singular na historia do monacato galego, é o obxecto destacado do día da nosa exposición Galicia 100

03/07/2020

Iolanda Casal tira do nobelo de Carmela Porteiro, referente do estudo dos océanos, nunha nova entrega do Fío de Penélope

26/06/2020

Xulia Feixoo explora o universo de Mercedes Goicoa nunha nova entrega do ciclo "O fío de Penélope"

24/06/2020

Dentro das actividades previstas para celebrar a Semana do Orgullo, recuperamos a xornada "Pensar con orgullo" celebrada en 2019

19/06/2020

Na entrega desta semana do fío de Penélope, Rebeca Blanco-Rotea explorar o universo da arquitecta Pascuala Campos.

18/06/2020

Como cada xoves (re)pensamos. Hoxe recuperamos a conferencia "A tolerancia como categoría ideolóxica" na que Slavoj Žižek falou dos valores ou hábitos occidentais como elemento calibrador dos actos dos seres humanos

17/06/2020

Augusto María Casas Blanco foi un poeta vangardista que, de mozo, deu os seus primeiros pasos ao redor dos homes de Nós. Hoxe subimos a súa entrada ao Álbum Nós

16/06/2020

No marco do ciclo “De arquivos, memoria e patrimonio compartido” hoxe poñemos o foco nos informes, documentos de traballo ou publicacións realizados pola institución que nos permitiron coñecer máis a realidade patrimonial.

13/06/2020

Nunha sexta entrega do proxecto "Os quixotes da Terra" percorremos os 273 quilómetros que separaran o Barco de Valdeorras de Lugo a partir da figura de Feixóo.

12/06/2020

Ciclo: Xestión e políticas culturais nos concellos. Retos ante a Covid-19 (1/4)". "A transformación dixital" é o cuarto e último vídeo no que diferentes especialistas analizan o mundo dixital en clave de oportunidade.

11/06/2020

Como cada xoves #repensamos. Hoxe facémolo con Anthony Pagden cun relatorio que nos fala do imaxinario político na creación do mundo iberoamericano.

11/06/2020

Ciclo: Xestión e políticas culturais nos concellos. Retos ante a Covid-19 (3/4). Hoxe falamos de novos formatos con axentes do ámbito público, privado e da comunicación cultural.

10/06/2020

Ciclo "Xestión e políticas culturais nos concellos. Retos ante a Covid-19"(2/4). Neste vídeo falamos do coidado do tecido cultural do territorio.

09/06/2020

No Día dos Arquivos iniciamos a serie “De arquivos, memoria e patrimonio compartido” na que xuntamos proxectos, documentos e reflexións sobre o papel deste tipo de centros. E comezamos falando da memoria desde múltiples puntos de vista.

09/06/2020

Ciclo: Xestión e políticas culturais nos concellos. Retos ante a Covid-19 (1/4). Arrancamos cunha ollada ao que significa "nova normalidade.