culturanacasa

Rexistros 61 a 66 de 66
27/04/2020

O dupondio da caetra é o obxecto do día que recuperamos da nosa exposición Galicia100

26/04/2020

Ecos é unha colección de 48 partituras pensada para que os estudantes de violín practiquen coa música ancestral de Galicia

25/04/2020

Neste 25 abril recuperamos unha conferencia de 1983 na que diferentes relatores, entre eles Ricardo Carballo Calero, falaron das relacións entre Galicia e Portugal

23/04/2020

Os xoves (re)pensamos con Patrizia Violi que nos propón unha viaxe ao futuro a partir das identidades

22/04/2020

Comezamos co Álbum Nós para dar a coñecer as figuras que fixeron posible a centenaria cabeceira

22/04/2020

Na véspera do Día do Libro recuperamos o primeiro informe que elaboramos para coñecer a situación deste sector

21/04/2020

Cada martes recuperamos os Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural para revisitar as actuacións sobre o noso patrimonio

20/04/2020

Achegámonos ao Bronce Final a través do Machado de Talón, un dos obxectos que forma parte da exposición Galicia 100

19/04/2020

Partituras, audios e diferentes publicacións para coñecer a Manuel Quiroga, un dos grandes violinistas de principios do século XX

18/04/2020

Jorge Mira anímanos a ler a nosa tradución da teoría da relatividade no cabodano de Einstein

17/04/2020

Un especial web ofrece recursos que permiten comprender a relevancia de Domingo Fontán, o xeógrafo que puxo a Galicia no mapa

16/04/2020

Cada xoves recuperamos un relatorio para (re)pensar a actualidade: hoxe falamos da Europa asocial con Luis Moreno

15/04/2020

Carlos Núñez explica neste vídeo como xurdiu a publicación coa que homenaxeamos a Ricardo Portela

15/04/2020

Ricardo Portela unha figura capital da gaita galega do século XX no Álbum de Galicia

14/04/2020

Descubre este inventario das fontes documentais da Idade Media en Galicia,que abriu o camiño do proxecto Gallaeciae Monumenta Historica

13/04/2020

Este vaso campaniforme chega de Veiga de Vilavella, unha tumba que se sitúa no concello das Pontes de García Rodríguez. Esta peza, incluída na exposición #galicia100, agocha moita información sobre a súa época.

Este vaso campaniforme chega de Veiga de Vilavella, unha tumba que se sitúa no concello das Pontes de García Rodríguez. Esta peza, incluída na exposición #galicia100, agocha moita información sobre a súa época.
12/04/2020

Lembramos a primeira vez que se experimentou coa "luz eléctrica" en Galicia.

11/04/2020

Estudo dirixido por Daniel López Muñoz no que se analiza a realidade sociolingüística na Igrexa Católica a finais da década dos oitenta.

10/04/2020

No cabodano de Ramón Otero Pedrayo recuperamos publicacións e audios desta figura imprescindible da cultura galega

09/04/2020

Javier de Lucas, do @IDHUV
analizou en 2016 os anuncios da campaña de Trump a respecto da política migratoria. (Re)pensamos

08/04/2020

Completamos o noso proxecto dos 30 anos do audiovisual galego poñendo na rede "Urxa", o filme de Carlos Piñeiro e Alfredo García Pinal.

07/04/2020

Matilde Vázquez, as irmás Ofelia Nieto, e Ángeles Ottein, máis Isaura Villaoz Pereiras protagonizan esta nova escolma da colección de Lousas do fondo do Arquivo Sonoro de Galicia.

05/04/2020

Igrexa, clero, Concilio de Trento... Xesús Ferro Ruibal explica a actitude da igrexa católica diante do galego


Neste Domingo de Ramos recuperamos este estudo do ano 1987 sobre o uso e actitude da igrexa católica diante do galego. Xesús Ferro Ruibal fai unha análise sociolingüística sobre a progresiva castelanización da Igrexa, o que a motivou, e as diferentes actitudes do clero en canto lingua vehicular. Incide na comparación do caso galego co doutras linguas minorizadas principalmente tras o Concilio de Trento, no que a Igrexa animou aos párrocos a utilizaren as linguas vernáculas para evanxelizar.
04/04/2020

Introdúcete no mundo de Afonso X através do Codice de Toledo con estudo preliminar de Martha E. Schaffer


O 4 de abril de 1284 morreu Afonso X, coñecido como o Sabio, que foi rei de Castela entre 1252 e 1284. O Consello da Cultura Galega está a preparar unha exposición que dará conta dun dos monumentos artísticos máis valiosos e representativos da cultura europea medieval como son as "Cantigas de Santa María" con comisariado de Antoni Rosell. Aproveitamos a efeméride para recuperar a transcrición do códice de Toledo con estudo preliminar e notas da profesora Martha E. Schaffer.
03/04/2020

"Cousas gallegas" poemas, discursos e escritos varios do xornalista e avogado Fortunato Cruces, publicada en Bos Aires no 1923.


"Cousas gallegas" é unha recompilación de poemas, discursos e escritos varios do xornalista e avogado Fortunato Cruces, publicada en Bos Aires no 1923. Constitúe unha boa mostra das iniciativas, visión do mundo e sentimentos identitarios dun dos principais facedores de opinión da nutrida colectividade galega da Arxentina durante o primeiro terzo do século XX. O Consello da Cultura Galega recupera esta obra no marco da colección Clásicos da Emigración, acompañándoa dun interesante estudo introdutorio feito por Xosé Manuel Núñez Seixas.
02/04/2020

Victoria Camps falanos de "O lugar das emocións na política" en (Re)pensamos


“O lugar das emocións na política” é o título do relatorio que Victoria Camps, catedrática emérita de Filosofía moral e política da Universidade Autónoma de Barcelona impartiu no Consello da Cultura Galega. A súa conferencia intégrase no ciclo virtual “(Re)pensamos” que reflexionan sobre un aspecto da actualidade. Como cada xoves, ofrecemos o vídeo da intervención que tivo lugar na sede da institución e mais o texto que cada autor preparou sobre esa materia e que integra a publicación “Cultura, sentido e política”
01/04/2020

Celebra con nos o Día do Libro Infantil e Xuvenil


Hoxe, 2 de abril, é o Día do Libro Infantil e Xuvenil. Aproveitamos a efeméride para recuperar bandas deseñadas, publicacións e outros materiais con esta temática feitas polo Consello da Cultura Galega.
30/03/2020

Un obxecto para entendérmonos: O Colar da Chousa Nova

Un colar único. Presentado tal e como foi atopado no dólmen da Chousa Nova (Silleda). É un dos obxectos que conforman a nosa mostra Galicia100 e sobre o que podes ler no noso web. Cada luns redescubrimos un obxecto desta mostra que nosa axuda a entendermonos como país.
26/03/2020

Seoane, Salvat e o teatro galego

Epistolario. Ricard Salvat foi dramaturgo, ensaísta, director escénico de teatro e ópera, profesor e promotor cultural. Pero tamén unha figura de referencia que serviu para conectar escenarios distintos como Madrid, Roma, México, Budapest, Coimbra pero tamén Ribadavia ou A Coruña. Estivo moi vencellado á cultura galega, que pronto o cautivaría a través de importantísimos dramaturgos galegos como Castelao, Álvaro Cunqueiro ou Valle-Inclán. No Día Mundial do Teatro publicamos 14 cartas do epistolario cruzado entre Luís Seoane e Ricard Salvat que dá conta desa relación.

26/03/2020

35 entradas novas do Dicionario de Termos Escénicos

No Día Mundial do Teatro incorporamos 35 novas entradas do “Dicionario enciclopédico de termos escénicos”. Teatro político, psicodrama, escenificación, teatro isabelino ou posta en escena. Son algunhas das novidades deste proxecto que arrincou en 2018 e conta con máis de 300 entradas que inclúen descricións, gráficos e fotografías agrupadas en dez categorías: teoría, literatura dramática, historia, escenografía, pedagoxía, dirección de escena, dramaturxia, interpretación, socioloxía e pedagoxía.