noticia

Rexistros 1741 a 1765 de 1765
15/10/2002

EXPERTOS DENUNCIAN A FALLA DE APOIO E RECOÑECEMENTO DOS ESTADOS E DA UE CARA ÁS LINGUAS MINORITARIAS

Ignoradas e sen ningún tipo de recoñecemento. Así se atopan moitas linguas minoritarias en Europa segundo puxo de manifesto Henrique Costas, profesor de Lingua Galega na Universidade de Vigo, durante a mesa de traballo que se desenvolveu esta mañá no marco dos VI Encontros de Normalización Lingüística na sede do Consello da Cultura Galega.
14/10/2002

A XUNTA BUSCARÁ O CONSENSO E A PARTICIPACIÓN
PARA O PLAN XERAL DE NORMALIZACIÓN DO GALEGO

A elaboración dun Plan Xeral de Normalización da lingua galega aberto, que busque o consenso de tódalas forzas políticas e a participación da sociedade. Esta foi a premisa fundamental na que fixo un maior fincapé o Director Xeral de Política Lingüística da Xunta, Xesús Pablo González Moreiras durante a súa intervención, que abriu os VI Encontros para a Normalización Lingüística, unhas xornadas que a sede do Consello da Cultura Galega acolle hoxe e mañá.
11/10/2002

OS ENCONTROS PARA A NORMALIZACIÓN ABORDAN
O FUTURO DAS LINGUAS MINORITARIAS NA UE

O Consello da Cultura Galega acolle os días 14 e 15 de outubro os Encontros para a Normalización Lingüística, que na sexta edición presentan os planos de normalización das universidades de Santiago e Vigo. E se o futuro do idioma depende da planificación institucional a curto e medio prazo, a supervivencia das linguas a nivel europeo tamén toma un camiño determinado segundo o amparo que lles proporciona a lexislación vixente. Esta necesidade de campañas de difusión e o pulo que supón a oficialización dunha lingua son dúas axudas a ter en conta en casos concretos coma o do galego estremeiro e dos esforzos dos case 78 000 falantes a favor da dignificación da súa fala.
24/09/2002

CARLOS ZUBILLAGA: "TEMOS O RETO DE RECONSTRUÍR AS 'MEDIAS-VIDAS' DOS GALEGOS NO EXILIO DE URUGUAI"

O desafío de reconstruír as ata agora "medias- historias" dos galegos e facelas completas a través de traballos que non se limiten á análise do fenómeno da inmigración ou da emigración foi o reto que lanzou o profesor Carlos Zubillaga durante a súa intervención no seminario que se desenvolveu esta mañá na biblioteca do Consello da Cultura Galega.
23/09/2002

O MÉTODO E AS FONTES NO ESTUDIO DA MIGRACIÓN GALEGA NO URUGUAI, OBXECTO DUN SEMINARIO NO CCG

O Arquivo de Emigración Galega organiza un seminario para abordar as fontes e a metodoloxía de estudio da inmigración galega en Uruguai durante o período colonial. O relatorio, que terá lugar mañá, martes 24 de setembro, ás 11 horas, na biblioteca do Consello da Cultura Galega, estará a cargo do profesor Carlos Zubillaga Barrera, da Universidade de La República de Montevideo (Uruguai).
23/09/2002

O CCG PATROCINA UN COLOQUIO E UNHA MOSTRA SOBRE O TRABALLO DOS MUSEOS NA SOCIEDADE

O presidente do Consello Galego de Museos e director do Museo do Pobo Galego, Carlos García Martínez, e o secretario do Consello da Cultura Galega, Henrique Monteagudo foron os encargados de face-la presentación do VII Coloquio Galego de Museos nunha rolda de prensa que tivo lugar esta mañá no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega.
20/09/2002

O CCG PRESENTA UNHAS XORNADAS SOBRE OS
MUSEOS COMO CONSTRUCTORES DE IDENTIDADE

O VII Coloquio Galego de Museos, arredor do tema "Museos, construindo a comunidade", celebraráse do 26 ó 28 de setembro nas dependencias do Museo do Pobo Galego, en San Domingos de Bonaval-Santiago de Compostela, que acollerá asemade unha exposición indicativa da realidade e o patrimonio dos museos de Galicia. Estas actividades contan coa colaboración do Consello da Cultura Galega e o patrocinio da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia.
16/09/2002

O CCG ACOLLEU A ÚLTIMA XORNADA DE TRABALLO DA IX REUNIÓN AMERICANA DE XENEALOXÍA

O Consello da Cultura Galega (CCG) acolleu o sábado 14 de setembro a última sesión da Reunión Americana de Xenealoxía que se desenvolveu en Santiago desde o pasado día 10 de setembro.
13/09/2002

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA ACOLLE MAÑÁ A ÚLTIMA
XORNADA DE TRABALLO DA IX REUNIÓN AMERICANA DE XENEALOXÍA

O Consello da Cultura Galega (CCG) acollerá mañá, sábado 14 de setembro, ás 9, 30h. no Salón de Actos a última sesión da Reunión Americana de Xenealoxía que se viña desenvolvendo en Santiago desde o pasado día 10 de setembro.
11/09/2002

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA FAI PÚBLICO O SEU PESAR POLA MORTE DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO

02/09/2002

O CCG PRESENTA ACHADOS DOCUMENTAIS QUE ABREN NOVAS PERSPECTIVAS SOBRE O PADRE SARMIENTO

Afonso Zulueta, Presidente do Consello da Cultura Galega e Henrique Monteagudo, secretario da institución e coordinador do Proxecto Sarmiento, presentaron o luns, 26 de agosto ás 12:00 h. no Salón de Actos da institución os últimos achados documentais que realizou este último no Arquivo da Orde Benedictina no mosteiro de Santo Domingo de Silos (Burgos).
26/08/2002

DOUS NOVOS MANUSCRITOS CAMBIAN A PERSPECTIVA DOS INVESTIGADORES SOBRE SARMIENTO

"Sarmiento é un continente ignorado", afirmou Henrique Monteagudo no transcurso da presentación dos novos achados que o investigador e Secretario do Consello da Cultura Galega, atopou, no marco do proxecto Sarmiento, no Arquivo Xeral da Orde Benedictina no mosteiro de Santo Domingo de Silos (Burgos). Pola súa banda, Alfonso Zulueta, presidente do Consello da Cultura Galega, sinalou que co Proxecto, que pretende recuperar e investigar toda a obra do frade galego, ábrese "unha nova concepción do que se chama a Ilustración española".
08/08/2002

CAMBRE ACOLLERÁ A EXITOSA MOSTRA GALICIA - AMÉRICA, CINCO SÉCULOS DE HISTORIA, QUE XA PASOU POR MÁIS DE 6 PAÍSES

Madrid, Sevilla, Bos Aires, Montevideo, as principais cidades e vilas galegas e agora Cambre. Desde 1992 a exposición Galicia - América. Cinco séculos de Historia, unha mostra elaborada con motivo da conmemoración do Quinto Centenario polo Consello da Cultura Galega en colaboración coa Consellería de Cultura, chega a partir de mañá, 9 de agosto, a Biblioteca municipal do Concello de Cambre. O acto de inauguración terá lugar o venres, 9 ás 20:00 horas e contará coa presencia de Pilar Cagiao, directora do Arquivo da Emigración do Consello da Cultura Galega, e de Antonio Varela Saavedra, alcalde de Cambre.
31/07/2002

A SITUACIÓN E TENDENCIAS ACTUAIS DO XORNALISMO GALEGO CENTRAN AS DÚAS NOVAS PUBLICACIÓNS DO CCG

Atender ós cambios que sofre o sector da comunicación en Galicia e ofrecer puntos de vista que contribúan a fomentar o debate e a reflexión en torno ás principais tendencias do xornalismo galego son algúns dos obxectivos nos que a Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega segue a dar pasos a través de rigorosos traballos de análise constante. Os dous últimos traballos que afondan neste camiño presentáronse esta mañá nunha rolda de prensa ofrecida no Consello da Cultura Galega. Trátase do número 1 da Revista de Estudios de Comunicación, publicación de carácter anual, e o informe, "A comunicación en Galicia 20022, de carácter bianual.
31/07/2002

NOVAS INICIATIVAS PARA QUE O GALEGO MEDRE CON EUROPA

A sexta edición dos Encontros para a Normalización Lingüística analizará o 14 e o 15 de outubro, na sede do Consello da Cultura Galega, a necesidade de indagar en novas fórmulas para a difusión da lingua, que xa se materializa nos deseños dos planos que están a realizar a Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e outras institucións, como as Universidades de Santiago e de Vigo ou o Concello de Santiago de Compostela. Estes catro proxectos abren novas vías no campo da dinamización, partindo de estudios previos sobre a situación do idioma, e nos que se reflicte o apoio dos cidadáns ó incremento da presencia pública do galego pero tamén a caída contínua de falantes entre as xeracións máis novas.
30/07/2002

O CCG PRESENTA MAÑÁ DÚAS ACHEGAS FUNDAMENTAIS PARA COÑECER O SECTOR DA COMUNICACIÓN EN GALICIA

O tratamento informativo das pasadas eleccións autonómicas do 21 de outubro de 2001 na prensa, radio e Internet centra o segundo número da Revista de Estudios de Comunicación que mañá, mércores, 31 de xullo, se presenta no Consello da Cultura Galega nun acto que se desenvolverá ás 12h. O vicepresidente primeiro da institución, Francisco Díaz-Fierros, e o responsable do Arquivo e a Sección de Comunicación do CCG, Xosé López, estarán presentes neste acto no que tamén se aproveitará para dar a coñecer o "Informe da Comunicación en Galicia 2002".
19/07/2002

OS SEGADORES GALEGOS EN CASTELA CENTRAN UNHA MOSTRA DO CCG

09/07/2002

FRANCISCO DÍAZ FIERROS, VICEPRESIDENTE E VICTOR FREIXANES, MEMBRO DO PLENO DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA

O Pleno do Consello da Cultura Galega (CCG) aprobou hoxe o nomeamento do conselleiro Francisco Díaz-Fierros Viqueira como vicepresidente e membro da executiva e o de Victor F. Freixanes como conselleiro integrante do máximo órgano de goberno da institución.
21/06/2002

UTILIDADE E PRAGMATISMO SON AS CHAVES DO NOVO FORMATO DO PORTAL CULTUGALEGA.ORG PRESENTADO ESTA MAÑÁ NO CCG

O vicepresidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Castromil, encargado de presidir esta mañá o acto de presentación oficial do novo formato de Culturagalega.org xunto co coordinador da Sección de Comunicación, Xosé López, e o director do portal, Manuel Gago, ocupou parte da súa intervención nunha lembranza do obxectivos que moven ó Consello da Cultura Galega, destacando a aposta deste institución pola divulgación e por achegar a cultura galega ós públicos máis novos a través da Rede.
19/06/2002

CULTURAGALEGA.ORG PRESENTA O VENRES A "NOVA CARA" DESTE PORTAL PROMOVIDO POLO CCG

Con motivo da posta en funcionamento do novo formato do portal de divulgación do Consello da Cultura Galega, culturagalega.org, o vindeiro venres, 21 de xuño, ás 13 horas, terá lugar o acto de presentación da "nova cara" do portal cunha rolda de prensa na que participará o presidente do Consello da Cultura Galega, Alfonso Zulueta de Haz.
17/06/2002

UN ESPECIAL DA REVISTA 'QUIMERA' ACHEGA AS FACETAS MENOS COÑECIDAS DE CASARES Ó RESTO DO ESTADO

Aproximarse ás facetas menos coñecidas de Carlos Casares como a de editor de cultura, xornalista ou contador de historias foi un dos obxectivos que se tentaron acadar na elaboración e publicación do monográfico CARLOS CASARES: memoria y homenaje que a revista de literatura Quimera elaborou para o seu número de xuño. Este especial da revista editada en Barcelona foi presentado esta mañá nunha rolda de prensa no Consello da Cultura Galega, acto que contou coa presencia da viúva de Casares, Kristina Berg, quen estivo acompañada polo director da revista, Fernando Valls, a coordinadora do monográfico, Rexina R. Vega e o presidente do CCG, Alfonso Zulueta.
14/06/2002

RESPONSABLES DE CASAS - MUSEO DESTACAN Á NECESIDADE DESTAS INSTITUCIÓNS DE TRABALLAR PARA ACHEGARSE MÁIS Á SOCIEDADE

O coñecemento das actividades e experiencias que desenvolven algunhas das casas museo fóra de Galicia, fundamentalmente no ámbito pedagóxico e de achegamento á sociedade, centraron os relatorios da xornada de peche da segunda edición das Xornadas sobre Casas - Museo, organizadas polo Consello da Cultura Galega.
14/06/2002

PRESENTACIÓN DO MONOGRÁFICO DA REVISTA DE LITERATURA "QUIMERA" DEDICADO A CARLOS CASARES

O número 217, correspondente a xuño de 2002, da revista literaria Quimera, acolle o monográfico CARLOS CASARES: MEMORIA Y HOMENAJE. Ó longo de 36 páxinas esta revista editada en Barcelona recolle os artigos de doces escritores, especialistas e estudiosos, que percorren as diferentes significacións (literaria, cultural e de editor) dunha figura senlleira da literatura e da cultura galega.
13/06/2002

FARIÑA BUSTO: "AS CASAS - MUSEO DEBEN ATOPAR O EQUILIBRIO ENTRE O ÉXITO DE PÚBLICO E A CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO"

"A segunda edición das Xornadas sobre Casas - Museo que se desenvolven hoxe e mañá no Consello da Cultura Galega comezaron esta mañá co establecemento dun marco no que inxerir o concepto de casas - museo, abordando os retos que se lle presentan a estas institucións no futuro. Neste sentido, o director do Museo Arqueolóxico de Ourense, Francisco Fariña Busto, expuxo a necesidade de que estas institucións "fagan fronte ós desafíos que se lle presentan, reorganizando o concepto e o rol que desenvolven na sociedade". Fariña Busto asegurou que "debemos loitar para que as nosas actividades culturais sexan consideradas como inversión e non como gasto", traballando por acadar o compromiso da Administración xa que "cada vez máis é preciso facer fronte a novas necesidades con menos recursos".
13/06/2002

DARÍO VILLANUEVA REXEITA UN MODELO DE ORGANIZACIÓN PARA AS CASAS - MUSEO, "QUE DEBEN AXUSTARSE A CADA ESCRITOR"

"Nun momento no que a literatura perde importancia fronte a outras forzas as casas - museo son coma faros que alumean un mar que doutro xeito sería inhóspito e podería levarnos á desconsideración da creación literaria". Así de expresaba o rector saínte da USC, Darío Villanueva, encargado de abordar o fenómeno das casas dos escritores desde o punto de vista da teoría literaria no marco das II Xornadas sobre Casas - Museo que se desenvolven ata mañá no Consello da Cultura Galega. Villanueva amosouse partidario da variedade de estructuras, organización interna e do perfil de cada casa, xa que "sería absurdo ofrecer un modelo ou patrón de casa cando os escritores, de seu, son personalidades irrepetíbles" polo que, segundo Villanueva, "o ideal é que as casas que recollen o seu legado se axusten ás circunstancias específicas do escritor e ós propios acontecementos que deron lugar ó nacemento desta persoa".
10/06/2002

GONZALO REY LAMA: "EN GALICIA AS CASAS - MUSEO MANTEÑEN UNHA GRANDE ACTIVIDADE AÍNDA QUE MOI POUCO ARTICULADA"

"En Galicia as as casas - museo, pese a falla de subvencións, manteñen unha grande actividade aínda que pouco articulada financeiramente falando". Así se expresou o presidente da Asociación Española de Casas - Museo y Fundaciones de Escritores, Gonzalo Rey Lama, quen ofreceu esta mañá unha rolda de prensa para presentar a segunda edición das Xornadas sobre Casas - Museo, da que é coordinador e que se desenvolverán no Consello da Cultura Galega os vindeiros xoves e venres, 13 e 14 de xuño.
07/06/2002

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA ACOLLE A SEGUNDA EDICIÓN DUNHAS XORNADAS DEDICADAS ÁS CASAS-MUSEO

O vindeiro luns, 10 de xuño, ás 12h. terá lugar no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega, unha rolda de prensa para presentar as II Xornadas sobre as Casas-Museo, que se desenvolverán no Consello da Cultura Galega os vindeiros días 13 e 14 de xuño. No acto de presentación contará coa presencia do coordinador das xornadas e membro da Comisión Técnica de Museos, Gonzalo Rey Lama, así como o secretario do CCG, Henrique Monteagudo.
07/06/2002

MIRAS PORTUGAL AFIRMA QUE AS NOVAS XERACIÓNS DEBEN RECUPERAR OS LAZOS DE GALICIA COA SÚA DIÁSPORA

Contando con mellor cadro de investigadores na temática da migración a Arxentina entre 1830 e 1930 e a partir de visións xerais en combinación con outras máis rexionais, seguindo as correntes eclécticas que dominan actualmente os estudios históricos, deu comezo esta mañá a primeira sesión das xornadas "Gallegos e Tanos. Xornadas sobre as migracións italianas e españolas a Arxentina (1830-1930)", que se desenvolven no Consello da Cultura Galega ata mañá sábado.
07/06/2002

XPERTOS ASEGURAN QUE AS MIGRACIÓNS MASIVAS A ARXENTINA COMEZARON NAS PROVINCIAS RICAS E COAS XENTES ACOMODADAS

Trala creación dun marco teórico xeral en torno ás diferencias e semellanzas que presentan as migracións italianas e españolas a Arxentina, o encontro "Gallegos e Tanos. Xornadas sobre as migracións italianas e españolas a Arxentina (1830-1930)" continuou na tarde afondando sobre as especificidades que poden atoparse dentro dos movementos de masa destes dous grupos étnicos.
06/06/2002

AS DIFERENCIAS ENTRE ESPAÑOIS E ARXENTINOS NA ARXENTINA DA MIGRACIÓN (1830-1930) CENTRAN UN CONGRESO DO CCG

A análise comparativa do fenómeno da migración a Arxentina que entre 1830 e 1930 afectou a españois e italianos centran "Gallegos e Tanos. Xornadas sobre as migracións italianas e españolas a Arxentina (1830 -1930)" que se desenvolverán no Consello da Cultura Galega a partir de mañá, venres 7 de xuño e ata o sábado 8, cando rematará cunha visita guiada ó parque 'Pasatempo', en Betanzos.