noticia

Rexistros 1801 a 1809 de 1809
15/03/2001

OS EDITORES DE GALEUSCA DEBATEN FÓRMULAS PARA COMPETIR NA GLOBALIZACIÓN

As editoriais en linguas minorizadas deben formular estratexias rápidas para poder contrarrestar os efectos dun mercado globalizado. Así o sinalaron os editores reunidos nas xornadas de Galeusca 2001 de Editores, no Consello da Cultura Galega. As xornadas de traballo reunen a representantes e directivos de editoriais en lingua galega, catalana e basca e rematarán mañá venres e están organizadas este ano pola Asociación Galega de Editores en colaboración con diversas institucións autonómicas.
15/03/2001

EDITORES DE GALEUSCA RESALTAN A FEBLEZA DAS IDENTIDADES FRONTE A GLOBALIZACIÓN

Os editores en linguas minorizadas reclaman unha maior defensa das identidades e linguas propias no proceso actual da globalización cultural. Así o manifestaron os editores reunidos nas xornadas de traballo Galeusca 2001 de Editores, reunidos no Consello da Cultura Galega.
14/03/2001

OS EXPERTOS DESTACAN QUE LA GALICE DE BOUHIER SEGUE A SER OBRA DE REFERENCIA

O medio natural no que se enmarca a obra de referencia de Abel Bouhier e o método de traballo que empregou para o estudio dos asentamentos da poboación e os cultivos, foron os eixos fundamentales en torno ós que xiraron as conferencias que distintos especialistas ofreceron esta tarde no marco do Congreso Internacional Galicia dende La Galice. Homenaxe a Abel Bouhier, que se desenvolve ata o vindeiro venres no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega.
14/03/2001

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA DA A COÑECER A OBRA DE ABEL BOUHIER SOBRE O RURAL GALEGO

Con motivo da presentación do Congreso Internacional "Galicia dende La Galice. Homenaxe a Abel Bouhier", que tivo lugar esta mañá no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega, o presidente da institución, Carlos Casares, manifestou que era "de xustiza" a publicación desta obra de referencia do xeógrafo francés, un proxecto que estivo en mente do primeiro presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Piñeiro. Segundo Casares, motivacións económicas impediron a edición deste libro antes pero, "gracias á colaboración da Consellería de Cultura e o Departamento de Xeografía da Universidade de Santiago", se publicou unha edición cuasi facsimilar de La Galice. Essai géographique d’analyse et d’interprétation d’un vieux complexe agraire.
14/03/2001

EDITORES DE GALEUSCA DEBATEN EN SANTIAGO O FUTURO DO LIBRO

Baixo o nome de Galeusca de Editores 2001, a Asociación Galega de Editores (AGE) reunirá durante tres días a impotantes persoeiros do mundo do libro en Galicia, entre os que se atopa o presidente do Consello da Cultura Galega, Carlos Casares, que acude como director da Editorial Galaxia.
07/02/2001

A MEMORIA E A GALICIA DO PADRE SARMIENTO, RECOLLIDA EN IMAXES NUNHA MOSTRA DO CCG

O Consello da Cultura Galega comeza mañá o programa de actos en homenaxe ó Padre Sarmiento, ó que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas. Con tal motivo, o CCG ten previsto inaugurar unha exposición sobre a vida e obra do ilustre padre benedictino baixo o título de O Padre Sarmiento e a Galicia do seu tempo, nome baixo o que se recollen dúas exposicións que foron elaboradas en 1995 con motivo da celebración do terceiro centenario do nacemento do pai Sarmiento (Villafranca del Bierzo, 1695).
25/01/2001

MANUEL DIOS: "EN 10 ANOS A REFORMA EDUCATIVA NON PUIDO IMPLANTAR O ENSINO DE TEMAS COMO A PAZ OU A MULLER"

Os 17 anos de traballo do Seminario Galego de Educación para a Paz (SGEP) para formar e ensinar a formar ós docentes na cultura de paz foi o eixo central en torno ó que xirou a mañá desta segunda xornada do I Encontro Internacional sobre Cultura de Paz, que se desenvolve ata o sábado no Consello da Cultura Galega. Conceptos como o da paz, o conflicto ou a metodoloxía e os recursos didácticos que os educadres do SGEP aplican centraron as intervencións de Manuel Dios e Calo Iglesias, os dous pertencentes ó SGEP, relatorio que levou o título de Educar para a Paz nas aulas: Recursos e dinámicas.
24/01/2001

A SOLUCIÓN DOS CONFLICTOS PARA CONSTRUIR UN ‘MUNDO NOVO’ CENTRAN O PRIMEIRO DÍA DO ENCONTRO SOBRE A PAZ

"Que ninguén que saiba falar siga calado". Con estas palabras, o presidente da Fundación Cultura de Paz e ex director xeral da UNESCO, Federico Mayor Zaragoza, puxo fin a súa intervención no I Encontro Internacional sobre Cultura de Paz, relatorio co que arrancaba este encontro organizado polo Consello da Cultura Galega en colaboración co Seminario Galego de Educación para a Paz e que reunirá ata o sábado a reputados expertos da cultura de paz.
23/01/2001

MAYOR ZARAGOZA ABRE O I ENCONTRO INTERNACIONAL SOBRE CULTURA DE PAZ QUE ACOLLE O CCG

A paz, os dereitos humanos, a tolerancia ou a comprensión internacional son algúns dos valores que tradicionalmente promove a cultura de paz, un concepto acuñado pola Comisión de Premios Nobel da Paz no seu Manifesto 2000 por proposta da UNESCO e baixo o que se entende un compromiso cos valores da paz entendida como rexeitamento do recurso á violencia en todas a súas formas, a loita pacífica e a educación nos valores democráticos.
12/09/1991

Encontro de Escritores Galegos e Portugueses

Organizado por Pilar Vázquez Costa, participaron preto de cincuenta posteas e ambas beiras do Miño.