Obxectivos

----

Obxectivos

A existencia do Consello da Cultura Galega vén determinada polo artigo 32 do Estatuto de Galicia, e responde ás obrigas e facultades que, para a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego, corresponden á Comunidade Autónoma.
Fundamentos e orixe
Réxese pola lei de creación, a Lei 8/1983, do 8 de xullo, e mais polo Regulamento de organización e funcionamento aprobado pola Xunta de Galicia (Decreto 162/2008, do 10 de xullo, polo que se aproba o regulamento de organización e funcionamento do Consello da Cultura Galega) así como polas Normas de funcionamento interno do Consello da Cultura Galega (aprobadas no Pleno do 29 de novembro de 2009).


Segundo establece a súa lei de creación, ha de ser entendido como un corpo asesor e consultivo, con capacidade de iniciativa, investigación e organización, dotado de personalidade xurídica e composto por membros representativos de entidades dos diversos campos da cultura e tamén por personalidades sobranceiras que contribúan ao desenvolvemento da cultura de Galicia.


Esta institución ten personalidade xurídica propia e plena capacidade para o cumprimento dos seus fins, e actúa con independencia respecto aos poderes da Comunidade Autónoma e da súa Administración.

Recomendamos: