Lexislación

----

Lexislación

A existencia do Consello da Cultura Galega vén determinada polo artigo 32 do Estatuto de Galicia, e responde ás obrigas e facultades que, para a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego, corresponden á Comunidade Autónoma.
Réxese pola lei de creación, a Lei 8/1983, do 8 de xullo, e mais polo Regulamento de organización e funcionamento aprobado pola Xunta de Galicia (Decreto 162/2008, do 10 de xullo, polo que se aproba o regulamento de organización e funcionamento do Consello da Cultura Galega) así como polas Normas de funcionamento interno do Consello da Cultura Galega (aprobadas no Pleno do 29 de novembro de 2009).

Segundo establece a súa lei de creación, ha de ser entendido como un corpo asesor e consultivo, con capacidade de iniciativa, investigación e organización, dotado de personalidade xurídica e composto por membros representativos de entidades dos diversos campos da cultura e tamén por personalidades sobranceiras que contribúan ao desenvolvemento da cultura de Galicia.

Lei 8/1983, de 8 de xullo, de creación do Consello da Cultura Galega



Foi aprobada polo pleno do Parlamento de Galicia o 8 de xullo de 1983

A tramitación parlamentaria
Proxecto de lei, BOPG núm. 95, do 5.5.1983.
Emendas, BOPG núm. 107, do 31.5.1983.
Debate de totalidade, DSPG núm. 35, do 10.5.1983.
Informe da Ponencia, BOPG núm. 124, do 21.6.1983.
Dictame da Comisión, BOPG núm. 130, do 1.7.1983.
Mantemento de emendas e votos particulares, BOPG núm. 130, do
1.7.1983.
Debate e aprobación polo Pleno, DSPG núm. 44, do 8.7.1983.
Publicación:
Boletín Oficial do Parlamento de Galicia núm. 140, do 13.7.1983.
Diario Oficial de Galicia núm. 102, do 9.8.1983.
Boletín Oficial del Estado núm. 13, do 15.1.1985.
Descárguea aquí (PDF 1,8 Mb)

Regulamento de organización e funcionamento do Consello da Cultura Galega


Aprobado pola Xunta de Galicia o 10 de xullo de 2008. Decreto 162/2008, do 10 de xullo, polo que se aproba o regulamento de organización e funcionamento do Consello da Cultura Galega (DOG, n.º 150, 5 de agosto de 2008).

Consulte o Regulamento (PDF 62Kb)

Normas de funcionamento interno do Consello da Cultura Galega

(Pleno do CCG. 29 de novembro de 2009).

Consulte as normas

Recomendamos: