Que é o Consello da Cultura Galega

----

Que é o Consello da Cultura Galega

O Consello da Cultura Galega é un órgano estatutario da Comunidade Autónoma de Galicia de carácter asesor e consultivo, que ten como finalidade promover, difundir, asesorar e preservar os valores culturais do pobo galego.

Ten personalidade xurídica propia e plena capacidade para o cumprimento dos seus fins, goza de total autonomía orgánica e funcional e actúa con independencia e obxectividade respecto dos poderes da comunidade autónoma e da súa Administración.

O Pleno do Consello da Cultura Galega está formado por representantes de diferentes institucións culturais: academias, universidades, fundacións e centros de investigación especializados, e por personalidades sobranceiras dos diversos campos da cultura galega.

Recomendamos: