Convenios asinados en 2010

----

Convenios asinados en 2010

Protocolo marco de colaboración entre a Asociación Internacional de Estudos Galegos e o Consello da Cultura Galega.

Data sinatura: 12/01/2010

Importe: sin dotación económica

Descrición:

Protocolo marco de colaboración entre a Asociación Internacional de Estudos Galegos e o Consello da Cultura Galega.

Obxecto:

Realizar actividades e proxectos de investigación de forma conxunta que resulten de interese para as dúas institucións.

Duración: ata o 31 de decembro de 2010

Destinatario: Asociación Internacional de Estudos Galegos

Protocolo coa Universidade de Stanford para o desenvolvemento de actividades culturais conxuntas.

Data sinatura: 1/02/2010

Importe: sin dotación económica

Descrición:

Protocolo coa Universidade de Stanford para o desenvolvemento de actividades culturais conxuntas.

Obxecto:

Realizar actividades culturais conxuntas.

Duración:

Destinatario:Universidade de Stanford (California)

Convenio de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago de Compostela para a elaboración do Roteiro da Ilustración galega e a compilación dos primeiros textos contemporáneos en galego.

Data sinatura: 1/03/2010

Importe: 40 600,00 €

Establecer as condicións de colaboración para a realización dun proxecto de elaboración do roteiro da Ilustración galega e a compilación dos primeiros textos contemporáneos galegos.

Duración: ata o 15 de decembro de 2010

Destinatario: Universidade de Santiago de Compostela

Convenio de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago de Compostela para a coedición da Revista de Estudos Migratorios.

Data sinatura: 1/03/2010

Importe: 10 000,00 €

Descrición:

Convenio de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago de Compostela para a coedición da Revista de Estudos Migratorios.

Obxecto:

Establecer as condicións de colaboración para a coedición da Revista de Estudos Migratorios.

Duración: ata o 15 de decembro de 2010

Destinatario: Universidade de Santiago de Compostela

Convenio de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago de Compostela para o estudo da situación do galego nos medios dixitais en internet.

Data sinatura: 1/03/2010

Importe: 40 600,00€

Descrición:

Convenio de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago de Compostela para o estudo da situación do galego nos medios dixitais en internet.

Obxecto:

Establecer as condicións de colaboración para a realización dun proxecto de investigación consistente na análise da presenza do galego nosnovos medios dixitais e particularmente en internet.

Duración: ata o 15 de decembro de 2010

Destinatario: Universidade de Santiago de Compostela

Convenio de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago de Compostela para a recuperación da documentación sobre as sociedades de emigrantes da Biblioteca América da USC.

Data sinatura: 3/03/2010

Importe: 81 200,00 €

Descrición:

Convenio de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago de Compostela para a recuperación da documentación sobre as sociedades de emigrantes da Biblioteca América da USC.

Obxecto:

Localizar e inventariar o legado documental constituído polas doazóns das sociedades de emigrantes galegos en América e depositados na Biblioteca América da USC.

Duración: ata o 15 de decembro de 2010

Destinatario: Universidade de Santiago de Compostela

Protocolo de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Universidade de São Paulo para a realización de actividades de intercambio cultural.

Data sinatura: 5/03/2010

Importe: sin dotación económica

Descrición:

Protocolo de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Universidade de São Paulo para a realización de actividades de intercambio cultural.

Obxecto:

Promover a cooperación e a colaboración para o desenvolvemento de actividades de intercambio cultural que axuden a difundir a cultura galega no exterior.

Duración: ata o 5 de marzo de 2012

Destinatario: Universidade de São Paulo

Convenio de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento do estudo “Mulleres e ciencia en Galicia: a figura de María Wonenburger Planells”.

Data sinatura: 26 /04/2010

Importe: 28 000,00 €

Descrición:

Convenio de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento do estudo “Mulleres e ciencia en Galicia: a figura de María Wonenburger Planells”.

Obxecto:

Establecer as condicións de colaboración coa USC Para a realización dun estudo que terá como eido de análise, en xeral, o papel das mulleres na ciencia en Galicia e máis concretamente a figura de María Wonenburger Planells.

Duración: ata o 15 decembro de 2010

Destinatario: Universidade de Santiago de Compostela

Protocolo de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Associaçao dos Amigos do Memorial do Imigrante para a recuperación da memoria da migración galega a Brasil.

Data sinatura: 28 /04/2010

Importe: sin dotación económica

Descrición:

Protocolo de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Associaçao dos Amigos do Memorial do Imigrante para a recuperación da memoria da migración galega a Brasil.

Obxecto:

Establecer a cooperación entre as partes para colaborar na elaboración de proxectos de investigación conxuntos para a recuperación da documentación e da historia dos movementos migratorios entre Brasil e Galicia nam época contemporánea.

Duración:

Destinatario: Associaçao dos Amigos do Memorial do Imigrante

Protocolo de colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en materia de normalización lingüística.

Data sinatura: 19/05/2010

Importe: sin dotación económica

Descrición:

Protocolo de colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en materia de normalización lingüística.

Obxecto:

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración coa Consellería de Educación e Ordenamento Universitario a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística en materia de normalización lingüística.

Duración: 30/12/2010

Destinatario: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Protocolo de colaboración entre o Consorcio de Santiago e o Consello da Cultura Galega para a publicación do libro Arriola. Obra musical e a realización dun CD cunha selección de obras do compositor José Arriola.

Data sinatura: 27/05/2010

Importe: sin dotación económica

Descrición:

Protocolo de colaboración entre o Consorcio de Santiago e o Consello da Cultura Galega para a publicación do libro Arriola. Obra musical e a realización dun CD cunha selección de obras do compositor José Arriola

Obxecto:

Coedición do libro Arriola. Obra musical e a realización dun CD cunha selección de obras do compositor José Arriola

Duración: ata a completa realización das actividades obxecto do convenio

Destinatario: Consorcio da cidade de Santigo

Acordo de colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en materia de normalización lingüística.

Data sinatura: 26/07/2010

Importe: 45 000,00 €

Descrición:

Acordo de colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en materia de normalización lingüística.

Obxecto:

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración coa Consellería de Educación e Ordenamento Universitario a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística en materia de normalización lingüística.

Duración: 30/12/2010

Destinatario: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xerla de Emigración e o Consello da Cultura Galega para a elaboración dunha exposición sobre o labor educativo das sociedades de emigrantes, a publicación facsimilar de Almanaque Gallego e a recuperación de documentación sobre a emigración en Brasil.

Data sinatura: 20/09/2010

Importe: 80 000,00 €

Descrición:

Convenio de colaboración coa Secretaría Xelal de Emigración para a elaboración dunha exposición sobre o labor educativo das sociedades de emigrantes, a publicación facsimilar de Almanaque Gallego e a recuperación de documentación sobre a emigración en Brasil.

Obxecto:

Establecer as condicións para a realización da exposición “Luces de alén mar” sobre as construcións escolares en Galicia financiadas desde as asociacións de emigrantes,a continuación da publicación facsimilar e difusión do Almanaque Gallego e a recuperación e dixitalización de documentación de emigración en Brasil e elaboración dun proxecto expositivo sobre a historia da emigración galega .

Duración: 30/12/2010

Destinatario: Secretaría Xeral de Emigración

Protocolo xeral de colaboración entre o Consello da Cultura Galega ea Radio Televisión Española

Data sinatura: 9/11/2010

Importe: sin dotación económica

Descrición:

Protocolo xeral de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Radio Televisión Española

Obxecto:

Establecer as bases de colaboración xeral para o desenvolvemento de cantas accións sexan necesarias para a conservación e difusión dos arquivos documentais de RTVE.

Duración:

Destinatario: Corporación de Radio Televisión Española

Convenio de comodato entre o Consello da Cultura Galega e RNE (Corporación RTVE) para a catalogacióne dixitalización do arquivo documental do Centro Territorial de RNE en Galicia

Data sinatura: 9/11/2010

Importe: sin dotación económica

Descrición:

Convenio de comodato con RNE (Corporación RTVE) para a catalogación e dixitalización do arquivo documental do Centro Territorial de RNE en Galicia

Obxecto:

Establecer a colaboración para a catalogación e dixitalización dos fondos de produción propia musicais e de palabra existentes nas distintas emisoras que conforman o Centro Territorial de RNE en Galicia.

Duración:

Destinatario: Corporación de RTVE

Protocolo de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e o Instituto Camões para a realización de actividades de intercambio cultural

Data sinatura: 10/11/2010

Importe: sin dotación económica

Descrición:

Protocolo de colaboración co Instituto Camões para a realización de actividades de intercambio cultural

Obxecto:

Establecer a colaboración para a realizar actividades e proxectos de forma conxunta

Duración: o ano 2011

Destinatario: Instituto Camões

Protocolo xeral de colaboración entre o Instituto Cervantes e o Consello da Cultura Galega para establecer as bases de colaboración entre as dúas institucións

Data sinatura: 23/11/2010

Importe: sin dotación económica

Descrición:

Protocolo xeral de colaboración co Instituto Cervantes que ten como obxecto establecer as bases de colaboración entre as dúas institucións.

Obxecto:

Establecer as bases de colaboración para o desenvolvemento de cantas accións e actividades relacionadas cos fins que teñen encomendados ambas as dúas institucións no ámbito da cultura poidan desenvolverse conxuntamente.

Duración: 3 anos

Destinatario: Instituto Cervantes

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Consello da Cultura Galega, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación.

Data sinatura: 24/11/2010

Importe: sin dotación económica

Descrición:

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Consello da Cultura Galega, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación.

Obxecto:

A participación nas actividades da EGAP do persoal dependente do Consello da Cultura Galega, así como a colaboración e o desenvolvemento conxunto de actividades de carácter formativo, divulgador e investigador en materias da competencia das institucións asinantes do mesmo.

Duración: 31/12/2010

Destinatario: Escola Galega de Administración Pública

Conectate o Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova:

Recomendamos: