Obxectivos do CDIF

----

Obxectivos do CDIF

As actividades do CDIF diríxense especificamente a investigadoras e investigadores, centros de ensino, organismos de igualdade, medios de comunicación, organizacións de mulleres… e, en xeral, a todas as persoas interesadas.
Atendendo ás premisas e competencias do CCG, o CDIF ten os seguintes

Obxectivos:

  1. Incrementar, rexistrar, organizar, clasificar, catalogar e organizar fondos para ofrecer un servicio de materiais bibliográficos, webgráficos, hemerográficos e audiovisuais, dando acceso a unha información actualizada e especializada.


  2. Realizar e promover actividades, recomendacións e informes destinados a afondar e analizar, desde perspectivas de xénero e/ou feministas, o presente, pasado e futuro da realidade social e cultural galega.


  3. Pór á disposición pública información relativa ás mulleres e ao colectivo LGBTIQ+ en diferentes áreas de investigación e acción social: ciencia, filosofía, socioloxía, política, cultura, dereito, historia, educación, familia, teorías feministas, traballo, economía, arte, música, antropoloxía, literatura, lexislación, psicoloxía, saúde...


  4. Pór á disposición de todas as persoas que o requiran información e documentación relativa ao coñecemento: do pasado e presente das mulleres e as súas relacións, do sistema dos sexos, dos feminismos, dos estudos de xénero e as sexualidades.


  5. Prestar asesoramento especializado a quen así o requira.


  6. Establecer relacións de cooperación con entidades e centros afíns.

Recomendamos: