ACCESO AOS FONDOS
- Consulta en sala de monografías e publicacións periódicas especializadas en temáticas vinculadas coa igualdade, as mulleres, o sistema dos sexos, as sexualidades e os xéneros.
- Consulta en sala do fondo documental e arquivístico do Movemento Feminista Organizado en Galicia.
- Consulta en sala do fondo documental e arquivístico do Movemento LGTBQ+ organizado en Galicia.
- Consulta en sala do fondo hemerográfico.
- Consultas en liña dos catálogos de monografías e publicacións periódicas.
- Consultas en liña dos fondos documentais e hemerográficos que progresivamente se poñen á disposición pública por esta vía.
FORMACIÓN E INFORMACIÓN
- Organización de actividades destinadas a un mellor coñecemento das temáticas relacionadas e de interese na investigación, no ensino, nas actividades profesionais vinculadas, nas institucións, na acción colectiva e para o coñecemento público en xeral.
- Publicación en formato dixital de actas, informes especializados, guías de recursos e outros materiais relacionados coas temáticas de interese.
- Mantemento dun servizo web que, pouco a pouco, en progresión constante e na medida do posible, permita poñer en liña os recursos documentais e arquivísticos do conxunto dos fondos do CDIF; das súas novas propostas e producións e daquelas que, atendendo ao principio de transversalidade, son promovidas por calquera das unidades que comprende o conxunto da institución.
- Selección e difusión de sitios web e recursos en liña de interese.
ASESORAMENTO
- Atención de consultas personalizadas a quen as solicite.
- Asesoramento a colectivos, institucións, profesorado, estudantado e ao público interesado en xeral que así o solicite.
COMPROMISOS DO SERVIZO
- As solicitudes de préstamo bibliográfico e de acceso ao fondo de monografías e publicacións periódicas atenderanse nun prazo máximo de 3 días laborables. No momento da solicitude, o persoal do centro indicará o día en que o material requirido estará dispoñible para a súa consulta en sala ou vía dixital.
- As solicitudes de acceso aos fondos documentais e arquivísticos atenderanse nun prazo máximo de 5 días laborables. No momento da solicitude, o persoal do centro indicará o día en que o material requirido estará dispoñible para a súa consulta en sala ou vía dixital.
- As consultas de asesoramento serán contestadas no prazo máximo de 10 días laborables. Se, debido á complexidade da consulta, o persoal do centro valora que non vai poder cumprir este prazo, comunicará o novo prazo estimado de resolución.
- O centro suspenderá os seus servizos de atención ao público durante o mes de agosto. Os prazos para a resolución de solicitudes recibidas durante este mes comezarán a contar a partir do primeiro día laborable de setembro.
DEREITOS DE USUARIAS E USUARIOS
Acceso libre e gratuíto á consulta e reprodución de fondos do CDIF en consonancia coa normativa vixente.
Recibir unha atención respectuosa e profesional, información e asesoramento sobre os fondos, os servizos e o seu funcionamento e orientación sobre a existencia doutras bibliotecas e centros de documentación adecuados ao tipo de consulta.
Ter a garantía de que os datos persoais recibirán un trato correcto e que se respectará a confidencialidade das consultas.
COMPROMISOS DE USUARIAS E USUARIOS
Respectar as normas de uso e reprodución dos documentos e seguir as indicacións específicas dadas polo persoal.
Contribuír a manter un ambiente idóneo para o estudo e a investigación e facer un uso correcto dos equipamentos e as instalacións.
Cumprir as condicións e normativas. Notificar os cambios de domicilio ou o enderezo electrónico para garantir a boa comunicación.
Utilizar de forma responsable os recursos e servizos públicos e contribuír a respectar o medio natural.
Respectar a lexislación vixente relativa á propiedade intelectual.
SUXESTIÓNS
As suxestións, críticas e queixas remitidas por parte de usuarias e usuarios contribúen á mellora dos nosos servizos. É por iso que agradecemos calquera tipo de achega neste sentido.