Na actualidade a colección especial LGTBIQ+ está dispoñible para a súa consulta en sala. Ao tempo estanse a sentar as bases para a súa posta á disposición pública en Internet. Contén materiais de diferente tipoloxía como pancartas, carteis, publicacións periódicas, documentación interna, dípticos, autocolantes, bandeiras, panos, boletíns, monografías ou materiais de xornadas e encontros.