Que é o Álbum de Mulleres

----

Que é o Álbum de Mulleres

Espazo destinado a dar visibilidade de xeito progresivo ás contribucións das mulleres en todos os ámbitos de relacións sociais.

Os seus principais obxectivos son recuperar e facilitar o acceso á información, datos, voces, imaxes, escritas, traballos e traxectorias de mulleres galegas e/ou relacionadas con Galicia.

Ten a intención de ser de utilidade en dous niveis: un de divulgación máis xeral que poida ser consultado como fonte de referencias informativas básicas, e outro que, de forma máis concreta, poida ser empregado como ferramenta de traballo en ámbitos especializados como o ensino ou a investigación.
Configúrase con:



  1. Mulleres no Álbum de Galicia

  2. Colectividades e organizacións

  3. Cartografías

  4. Biobosquexos

  5. Monografías temáticas (antes especiais)

  6. Liñas do tempo

Conectate o Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova:

Recomendamos: