Cartografías

----

Cartografías

As cartografías son unha homenaxe. Configuran un repositorio documental que xira arredor da traxectoria vital, persoal e laboral, dunha persoa que merece ser destacada nun ou varios ámbitos de actividade nos que desenvolveu e/ou desenvolve a súa produción.

Configuran un repositorio documental que xira arredor da traxectoria vital, persoal e laboral, dunha persoa que merece ser destacada nun ou varios ámbitos de actividade nos que desenvolveu e/ou desenvolve a súa produción

Na súa elaboración, de autoría colectiva, a colaboración de persoas coñecedoras, de editoriais, publicacións periódicas, arquivos, museos, bibliotecas e outras entidades constitúen a rede de apoios necesarios para a realización deste tratamento documental en profundidade.
Mais sobre todo é particularmente relevante a colaboración de quen a protagoniza, o acceso aos seus arquivos persoais: documentais e fotográficos, e a súa memoria, recollida mediante entrevistas en profundidade e que fica particularmente reflectida nunha cronoloxía interactiva.

Engádese ademais un texto introdutorio con carácter laudatorio no que se recollen os aspectos máis destacados da dilatada vida da protagonista; compílase a obra escrita, producida por e sobre ela, en monografías, en fontes especializadas e en publicacións periódicas; segundo os casos, engádense tamén as producións e investigacións que, aínda que non sexan da súa autoría, dan continuidade ás súas liñas de acción ou investigación no decorrer dos anos. Ten cabida tamén a presenza da cartografada na radio, na televisión, na rede de Internet e unha panorámica visual da súa vida nunha galería fotográfica.


Conectate o Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova:

Recomendamos: