Liñas do tempo

----

Liñas do tempo

As liñas do tempo fan especial fincapé nas referencias de e sobre mulleres que, individual ou colectivamente, deron corpo a accións e acontecementos que a historia oficial, escrita polo xeral desde unha perspectiva patriarcal, androcéntrica e heterosexista, adoita non tomar en conta. Recollen de forma cronolóxica e esquemática acontecementos relevantes sucedidos desde o medievo ata a actualidade. A información distribúese en tres niveis: Galicia, Territorio español e Mundo.

Recollen de forma cronolóxica e esquemática acontecementos relevantes sucedidos desde o medievo ata a actualidade A información distribúese en tres niveis: Galicia, Territorio español e Mundo

As liñas preséntase en dúas versións. Unha interactiva, máis abreviada e ilustrada. A outra, titulada As mulleres na historia, en formato PDF, sen ilustracións, que se pode consultar directamente ou descargar, de maneira que se poidan ampliar as súas posibilidades de uso. Polo xeral, as liñas do tempo son revisadas e ampliadas periodicamente.

Liña do tempo interactiva




Liña do tempo As mulleres na historia (en pdf)


Conectate o Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova:

Recomendamos: