FONDOS
Nun primeiro momento decidiuse darlle ao fondo un contido especificamente relacionado co estudo da cultura galega e universal. Co tempo, e a medida que se ampliaron os campos de acción da institución e se crearon seccións, comisións técnicas e arquivos, o contido estendeuse a todos os campos do coñecemento para contextualizar os estudos sobre a cultura galega.
Na actualidade, a Biblioteca CCG, con arredor de 20 000 volumes, abrangue arte, ciencias, dereito, economía, filosofía, historia, literatura, política, xornalismo. Conta con coleccións especiais como a de Martín Sarmiento, conformado pola obra dixitalizada procedente das coleccións Medina Sidonia, Dávila da Biblioteca Nacional de España e Los Heros da Real Academia da Historia. O fondo de Autoría Galega, creado e ampliado mediante compra e doazóns dende os anos noventa, está formado preferentemente por primeiras edicións.
Unha das seccións máis utilizadas en consultas, exposicións e xornadas didácticas é a de Facsímiles, na que destacan o Códice Rico e o Códice de Florencia das Cantigas de Santa María e mais a Biblia Kennicott. Interesantes son tamén as coleccións Álvarez Basso e Salvador Rey procedentes, por doazón familiar, dos seus arquivos e bibliotecas privadas. Nos últimos anos incorporouse o fondo documental e bibliográfico do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF), especializado en feminismos, xénero e igualdade.
O Arquivo está formado pola documentación xerada e recibida pola Institución no exercicio das súas funcións e actividades, de doazóns procedentes de asociacións culturais e de arquivos persoais e familiares.
SERVIZOS
Información e referencia:
-A atención ás persoas usuarias será presencial (con cita previa), telefónica e en liña. Damos resposta a consultas, xerais ou especializadas, sobre os recursos informativos accesibles na biblioteca e o funcionamento dos servizos bibliotecarios e arquivísticos. Pode consultar a Carta de servizos.
Acceso aos documentos:
-Consulta en sala, con cita previa, de fondos documentais, bibliográficos e hemerográficos na sede do Consello da Cultura Galega. Debido á situación actual, a atención presencial será sempre con cita previa. Pode solicitar a cita previa no correo electrónico biblioteca@consellodacultura.gal.
-Reprodución de documentos mediante solicitude presencial ou online.
-Préstamo interbibliotecario a todas as bibliotecas que o soliciten, integren ou non a Rede de Bibliotecas de Galicia. Exclúense publicacións periódicas, facsímiles e obras de especial valor ou deterioradas.
-Préstamo para exposicións mediante solicitude oficial e aténdose ás normas de seguridade esixidas e contratación de seguro.
CONTACTO e CITA PREVIA
Teléfono: 981 957216 / 981 957217
Correo electrónico: biblioteca@consellodacultura.gal
Horario de atención ao público: De luns a venres de 10:00 h a 14:00 h