O Arquivo Sonoro de Galicia desenvólvese como proxecto de traballo dentro do Consello da Cultura Galega, dun xeito continuado dende 1995, aínda que os seus primeiros traballos comezan en 1992. Dende este momento, asume a responsabilidade de preservar un patrimonio cultural sonoro galego que abrangue numerosos eidos do coñecemento, tanto en ámbitos públicos coma privados, xa sexa en gravacións inéditas ou editadas.
Para acadar este propósito fundacional, o Arquivo Sonoro de Galicia artella o seu traballo ao redor de tres puntos:
Recompilación
O Arquivo Sonoro de Galicia está a facer unha constante procura de gravacións sonoras históricas e actuais, cultas e populares (arquivo da palabra, gravacións etnográficas, rexistros etnomusicolóxicos, lingüísticos, programas radiofónicos, músicas galegas de todos os xéneros...). Isto tamén está a provocar un efecto chamada e, con maior frecuencia, distintos colectivos e particulares ofrécennos gravacións e discos, entendendo así o papel do Arquivo Sonoro de Galicia como núcleo vertebrador da memoria sonora galega.
A xenerosidade de particulares, institucións, colectivos, músicos e compañías discográficas que ceden o seu material desinteresadamente é imprescindible para a continuidade e o enriquecemento do proxecto.
Preservación e catalogación
Os soportes que chegan ao Arquivo Sonoro de Galicia son, na maioría dos casos, obxectos únicos e fráxiles, polo que resulta necesario acometer, dun xeito inmediato, a súa conservación e preservación. Seguindo os estándares que marca a IASA, consérvanse varias calidades de dixitalización así como os soportes físicos orixinais. As dependencias do Arquivo Sonoro de Galicia reúnen as condicións óptimas de humidade e temperatura para a conservación dos nosos fondos.
Nun traballo paralelo, catalóganse as gravacións dixitalizadas. No caso do material inédito, para poder obter toda a información e posibilitar a súa recuperación a través das bases de datos, é precisa unha escoita meticulosa, o que comporta un traballo lento pero que dá como resultado valiosas achegas. O material sonoro, con normas internacionais establecidas como o formato marc, catalógase no sistema de xestión bibliográfica Koha, accesible a través da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Difusión
A totalidade dos fondos documentais do Arquivo Sonoro de Galicia están dispoñibles para investigadores e estudosos do noso patrimonio sonoro. Estas consultas son presenciais e concértanse previamente. Pódense ceder gravacións sonoras que non estean suxeitas á Lei de propiedade intelectual, sempre e cando o seu emprego non teña fins comercias e sexa de investigación.
O Arquivo Sonoro de Galicia leva a cabo, regularmente, actividades e xornadas destinadas a difundir distintos aspectos relacionados co patrimonio sonoro. Realizáronse, polo de agora, cinco edicións do Encontro “O Son da Memoria”, cada unha delas adicada a un tema (tradición oral, música na emigración, música tradicional, arquivos sonoros e propiedade intelectual e metodoloxías de arquivo). As últimas xornadas, realizadas no ano 2020, tratan sobre “Os arquivos sonoros: memoria e patrimonio” e “Arquivos, mulleres e tradición”. Tamén se organizan puntualmente conferencias e cursos que apoian o estudo do patrimonio sonoro galego. Este labor de difusión complétase coa edición de documentos pertencentes aos fondos do arquivo que son considerados de alto interese patrimonial e, tamén, coa visibilización de voces históricas e “xoias discográficas” que se van actualizando.