No Arquivo Sonoro de Galicia recóllese gran parte da produción musical galega, sexa editada en Galicia ou fóra (p. ex. Edigsa-Xistral en Barcelona ou Hermifono na emigración arxentina). O fondo editado do ASG está composto por máis de 10 000 exemplares en distintos formatos (cilindros de cera, rolos de pianola, cartuchos de casetes, casetes, vinilos, CD, DVD...), entre os que cómpre salientar a colección de discos de lousa, con 700 exemplares de gran valor patrimonial. As gravacións do orfeón El Eco e do coro Aires d’a Terra, de 1904, son as lousas máis antigas que se conservan.
ex Edigsa-Xistral en Barcelona ou Hermifono na emigración arxentina) O fondo editado do ASG está composto por máis de 10 000 exemplares en distintos formatos (cilindros de cera, rolos de pianola, cartuchos de casetes, casetes, vinilos, CD, DVD
Miro Casabella: Miro canta as súas canciós. Edigsa/Xistral. Barcelona, 1968. [ficha catalográfica] Festas galegas. Hermifono. Bos Aires, 1965. [ficha catalográfica]
Todo este fondo está catalogado en formato marc en Koha, o sistema integrado de xestión de biblioteca que emprega o catálogo colectivo da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Para unha consulta rápida dos fondos editados, ofrecémoslles a lista-inventario. Os datos que se facilitan son: intérprete, título disco, soporte, nº currens, ano edición. A lista vai alfabetizada polo intérprete. As siglas dos soportes corresponden a: CD (compact disc), SCD (single de compact disc), SI (single vinilo), LP (vinilo longa duración), CA (casete), OO (disco de lousa ou de pasta), DVD (digital video tape), CD-DVD (compact disc + digital video tape). Estas siglas van acompañadas de –L cando o soporte audio vén complementado cun libriño.
Contidos:
Fondos discográficos por ano de edición no ASG.
Ao tratarse dunha colección de soportes discográficos editados, é a música a protagonista case absoluta desta parte dos fondos do Arquivo Sonoro de Galicia. Non obstante, tamén existen documentos editados que recollen fondos orais (contacontos, voces de persoeiros, voces literarias…).
Conectate o Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova:
Publicacións, proxeccións multimedia, concertos e un acto académico son as actividades centrais que lembrarán a figura de Xela Arias (Lugo, 1962- Vigo, 2003) ao longo de todo o ano
A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez; o presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor Freixanes; a vicerreitora de cultura da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Mar Lorenzo; xunto co secretario xeral de cultura, Anxo Lorenzo; o coordinador do congreso, Xosé Manuel González Herrán; e o director da Área de Cultura do Concello da Coruña, Rómulo Sanjurjo, presentaron esta mañá na sede da RAG o programa do “Congreso Internacional Emilia Pardo Bazán 100 anos despois”
Xela Arias (Lugo, 1962-Vigo, 2003) foi unha escritora extrema, de palabra tensa e contida que deixou tras de si un regueiro de poemas pero tamén de traducións ao galego
O Consello da Cultura Galega (CCG) celebrou neste serán do xoves unha sesión plenaria ordinaria na que a presidenta, Rosario Álvarez, deu conta do programa de actividades para o primeiro trimestre do ano e o balance do 2020
Suscríbete as novidades
Podes recibir no teu correo ás novidades do Consello da Cultura Galega simplemente comunicandonos o teu enderezo electrónico