Histórico

----

Histórico

O Arquivo da Emigración Galega xorde como un programa promovido pola Sección de Cultura Galega no Exterior no ano 1992. Unha das súas primeiras actividades de difusión foi a organización da exposición Galicia & América. Cinco séculos de historia con motivo da celebración do 500º aniversario do Descubrimento de América.
A súa finalidade básica e primordial atende á constitución dun centro de documentación, información e investigación cun alto valor referencial, tanto para a comunidade científica e a colectividade de emigrantes galegas e galegos no exterior, como para a cidadanía en xeral. Co paso do tempo as novas tecnoloxías foron abrindo fronteiras ao coñecemento e á difusión de contidos, polo que o AEG foi ampliando as canles de achegamento e comunicación, o que se converteu nun dos seus retos de futuro.
Dende a súa creación, o Arquivo da Emigración Galega está dirixido por un coordinador asistido por unha comisión técnica.

Os seus directores/coordinadores foron nestes case trinta anos:
  • Mª Xosé Rodríguez Galdo (1992-1998)

  • Pilar Cagiao Vila (1998-2002)

  • Ramón Villares (2002-2019)

  • Xosé M. Núñez Seixas (actual coordinador dende 2019)


Entre os membros das súas comisións técnicas figuraron ao longo dos anos persoal investigador e profesorado destacados no estudo e investigación dos movementos migratorios dende unha perspectiva multidisciplinar como: Xosé Ramón Barreiro Fernández, Pilar Freire Esparís, Abel Losada Álvarez, Vicente Peña Saavedra, Alexandre Vázquez González, Xosé Luís Axeitos Agrelo, Antonio Izquierdo Escribano, Laura Oso Casas, Francisco Durán Villa, Charo Portela Yáñez, Anxo Lugilde Pardo, Antía Pérez Caramés, Luís Domínguez Castro, Raúl Soutelo Vázquez, Xesús Antón Fraga Sánchez, Begoña González Rey, María Alonso Alonso, Marcelino X. Fernández Santiago, entre outros.



Non é posible ver o documento no teu navegador. Podes descargalo aquí.


Recomendamos: