ACCESO AOS FONDOS
• Consulta na sala de monografías e publicacións periódicas especializadas en temáticas vinculadas cos movementos migratorios e de poboación, historia de Galicia e de América.
• Consulta na sala do fondo documental e arquivístico das asociacións de emigrantes galegos no mundo, preservadas en diversos formatos no AEG.
• Consulta na sala do fondo hemerográfico producido pola colectividade galega espallada no mundo.
• Consulta na sala do fondo fotográfico do AEG.
• Consultas en liña dos catálogos bibliográficos e de publicacións periódicas.
• Consulta en liña do catálogo da documentación societaria da emigración galega.
• Consulta en liña dos fondos documentais e hemerográficos que progresivamente se poñen á disposición pública por esta vía.
FORMACIÓN E INFORMACIÓN
• Mantemento dun servizo web que permita poñer en liña gran parte dos recursos documentais e arquivísticos do AEG, atendendo tamén novas propostas ou proxectos.
• Seguindo o principio de transversalidade, o AEG participa nas producións de calquera das unidades que compoñen o conxunto da institución á que pertence.
• Publicación en formato dixital de monografías, actas, informes especializados, guías de recursos e outros materiais relacionados coa emigración.
• Organización de actividades destinadas a mellorar o coñecemento do fenómeno migratorio en Galicia, destacando a súa colaboración e interese no sector educativo, na investigación científica, nas actividades profesionais vinculadas, nas institucións e na acción colectiva para a súa difusión na cidadanía en xeral.
ASESORAMENTO
• Atención de consultas personalizadas a quen as solicite.
• Asesoramento a colectivos, institucións, profesorado, estudantes e ao público interesado en xeral.
COMPROMISOS DO SERVIZO
1. As solicitudes de préstamo bibliográfico e de acceso ao fondo bibliográfico e publicacións periódicas atenderanse nun prazo máximo de 5 días laborables. No momento da solicitude, o persoal do centro indicará o día en que o material requirido estará dispoñible para a súa consulta na sala ou por vía dixital.
2. As solicitudes de acceso aos fondos documentais e arquivísticos atenderanse nun prazo máximo de 5 días laborables. No momento da solicitude, o persoal do centro indicará o día en que o material requirido estará dispoñible para a súa consulta na sala ou vía dixital.
3. As consultas de asesoramento serán contestadas no prazo máximo de 10 días laborables. Se, debido á complexidade da consulta, o persoal do centro valora que non vai poder cumprir este prazo, comunicará o novo prazo estimado de resolución.
DEREITOS DE USUARIAS E USUARIOS
Acceder libre e gratuitamente á consulta e reprodución de fondos do AEG en consonancia coa normativa vixente.
Recibir unha atención respectuosa e profesional, información e asesoramento sobre os fondos, os servizos e o seu funcionamento e orientación acerca da existencia doutras bibliotecas e centros de documentación adecuados ao tipo de consulta.
Ter a garantía de que os datos persoais recibirán un trato correcto e que se respectará a confidencialidade das consultas.
COMPROMISOS DE USUARIAS E USUARIOS
Respectar as normas de uso e reprodución dos documentos e seguir as indicacións específicas dadas polo persoal.
Contribuír a manter un ambiente idóneo para o estudo e a investigación e facer un uso correcto dos equipamentos e das instalacións.
Cumprir as condicións e normativas. Notificar os cambios de domicilio ou o enderezo electrónico para garantir a boa comunicación.
Utilizar de forma responsable os recursos e servizos públicos e contribuír a respectar o medio natural.
Respectar a lexislación vixente relativa á propiedade intelectual.
SUXESTIÓNS
As suxestións, críticas e queixas remitidas por parte de usuarias e usuarios contribúen á mellora dos nosos servizos. É por iso que agradecemos calquera tipo de achega neste sentido.