Fondos bibliográficos

----

Fondos bibliográficos

O Arquivo da Emigración Galega, como centro documental e de referencia informativa, posúe unha biblioteca especializada en temas migratorios composta por monografías e publicacións periódicas de carácter científico.
Este fondo bibliográfico intégrase na Biblioteca do Consello da Cultura Galega e, como fondo de especial interese para Galicia, na Rede de Bibliotecas de Galicia e dende aquí podes acceder ao seu catálogo.

Este fondo bibliográfico intégrase na Biblioteca do Consello da Cultura Galega e, como fondo de especial interese para Galicia, na Rede de Bibliotecas de Galicia e dende aquí podes acceder ao seu catálogo

Catálogo en liña

A biblioteca está estruturada en varios bloques temáticos co fin de facilitar ao persoal investigador e demais visitantes interesados o acceso á información:

• Referencia: inclúe dicionarios, catálogos, bibliografías e obras monográficas sobre historia, socioloxía, antropoloxía, economía etc.
• Demografía: agrupa manuais relativos á xeografía humana e estudos sobre a poboación e os movementos demográficos.
• Emigración: constitúe a parte fundamental da colección e comprende monografías específicas sobre os movementos migratorios. Está dividida en diferentes apartados segundo a singularidade xeográfica das migracións: América Latina, América do Norte, Europa, Oceanía, España e Galicia.
• Exilio: está composta por todo tipo de obras que estudan a problemática dos emigrados políticos desde unha perspectiva individual ou colectiva.
• Inmigración: agrupa, primordialmente, informes e estudos da inmigración en Europa e España, o multiculturalismo e estudos de lexislación sobre esta temática.
• Literatura: recompila os estudos e obras literarias referidas, directa ou indirectamente, ao mundo da emigración, exilio e inmigración.

No fondo de publicacións periódicas inclúense revistas científicas de carácter nacional e internacional centradas no estudo dos procesos migratorios, a demografía, o multiculturalismo, a historia etc.

Conectate o Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova:

Recomendamos: