Fondos estatísticos

----

Fondos estatísticos

Para achegarse cuantitativamente aos movementos migratorios, o AEG conta cunha sección propia de fontes estatísticas na que se pretende recompilar as principais series editadas por organismos oficiais.
Dentro destes fondos cómpre destacar as fontes directas sobre os movementos migratorios, que comprenden as estatísticas sobre emigración publicadas, como as seguintes:
Estadísticas de la Emigración e Inmigración de España, realizadas polo Instituto Geográfico y Estadístico (1882-1911)
Boletín del Consejo Superior de la Emigración (1909-1934)
Estadísticas de Pasajeros por Mar (1912-1956)
Estadísticas de Emigración publicadas polo Ministerio de Traballo (1946-1963)
Estadísticas de Emigración Española Asistida(1962-1975)
• Diferentes memorias e documentación do Instituto Español de Emigración, como os Anuarios de Migraciones, memorias anuais de actividades, Atlas de Emigración, etc.

Con respecto á inmigración consérvanse as Estadísticas de Permisos de Trabajo a Extranjeros.

Este fondo comprende tamén as diferentes series estatísticas sobre a poboación española e galega e os movementos demográficos.

• Da etapa pre-estatística existen:
- Edicións facsimilares das veciñanzas da Coroa de Castela de 1591
- Censo Ganadero de la Corona de Castilla (1752)
- Censo de Campoflorido de 1712
- Censo de Población do Marqués de la Ensenada (1752)
- Censo de Floridablanca (1787)
- Censo de Godoy (1797)

• Da etapa estatística consérvanse:
- Censo de 1887 e os censos de 1940, 1950, 1960, 1970, 1981 e 1991
- Tamén se poden consultar, entre outras, as Estatísticas do movemento natural da poboación, desde 1975 ata 1995, a Enquisa de Poboación Activa de 1974 a 2003 ou a Enquisa Sociodemográfica de 1991.

Igualmente, o AEG ofrece a posibilidade de consultar as serie estatísticas editadas por organismos internacionais como a OCDE, SOPEMI e Eurostat.




Recomendamos: