Afonso Becerra de Becerreá

----

Afonso Becerra de Becerreá

Biografía de Afonso Becerra de Becerreá


Dramaturgo, director e investigador. Doutor en Artes Escénicas pola Universitat Autònoma de Barcelona. Titulado superior en Arte Dramática polo Institut del Teatre de Barcelona. Titulado en Interpretación no ITAE de Asturias. Premio Álvaro Cunqueiro da Xunta de Galicia. Docente na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Actualmente está a escribir a historia da danza contemporánea en Galicia, por encargo da Academia de las Artes Escénicas de España.
Ademais de artigos e colaboracións en diversos volumes colectivos, publicou, como dramaturgo e ensaísta, as seguintes obras: Confio-te o meu corpo. A dramaturgia po-dramática (Através, 2018); Textículos dramáticos e posdramáticos (Laiovento, 2013 e 2014); Roberto Vidal Bolaño e o xogo do teatro (Laiovento, 2012); Dramatículas (Laiovento, 2010); Crio-Xénese (Laiovento, 2007); Dramaturxia. Teoría e práctica (Galaxia, 2007); Rexurdimento (RGT, 2006); O ritmo na dramaturxia (Universidade da Coruña, 2005) e Agnus Patris (Xerais, 2002).
En 2009 fundou, xunto a Ana Contreras, a Cía. ÓNFALO TEATRO S.L., coa que estrearon Neuras de Mª Xosé Queizán (Auditório de Cangas, 18/11/09) e NA META (Sálvese quen poida) de Thomas Bernhard (MIT Ribadavia, 17/07/10). Anteriormente traballou, entre outros, nos espectáculos: Rosalía 21 (Producciones Bles S.L. Teatro Mella da Habana, 23/02/08); Porno de Dani Salgado (Teatre Lliure de Barcelona, 22/04/04); Cavallitus de Antonio Morcillo (Teatre Nacional de Catalunya, 32 Festival Internacional de Teatre de Sitges, 09/06/01) e Rexurdimento. Visións dun cego (Nove Dous Teatro S.L. Auditorio do Carballiño, Ourense 15/10/2000).
Pertence ao consello de redacción de Erregueté. Revista Galega de Teatro. É colaborador, entre outras publicacións, das revistas de artes performativas ARTEZBLAI, Primer Acto e Danza en escena.

Publicacións nas que participou Afonso Becerra de Becerreá

Portada de  Mil e un Cunqueiros. Novas olladas para un centenario
LIBRO. ACTAS

Mil e un Cunqueiros. Novas olladas para un centenario

Do 28 de setembro ao 1 de outubro de 2011

Artigos

BECERRA DE BECERREá, A. (2006) As mulleres de Brecht. Festa da palabra silenciada. (22), 113-116.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Mencións:
BECERRA DE BECERREá, A. (2007) A violencia no teatro: Antonin Artaud e Sarah Kane. Festa da palabra silenciada. (23), 90-99.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Mencións:
BECERRA DE BECERREá, A. (2008) A dramaturxia feminista de María Xosé Queizán. Festa da palabra silenciada. (24), 155-156.
Ver recensión Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Mencións:
BECERRA DE BECERREá, A. (2009) Unha nova modalidade escénica: o posdrama político. Festa da palabra silenciada. (25), 76-82.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Mencións:
BECERRA DE BECERREá, A. (2010) As pulsións dramáticas na obra poética de Rosalía de Castro. Festa da palabra silenciada. (26), 48-55.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Mencións:
BECERRA DE BECERREá, A. (2011) Un cambio dramátúrxico de perspectiva para a Señorita Julie. Festa da palabra silenciada. (27), 107-110.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Mencións:
BECERRA DE BECERREá, A. (2013) Katie Mitchell e os micromovementos da conciencia en escena. Festa da palabra silenciada. (29), 74-76.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Mencións: