Amada Traba

----

Amada Traba


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Amada Traba


Amada Traba é profesora da Universidade de Vigo na materia de Socioloxía da Educación e docente en varias edicións de programas de posgrado en xénero. Dende hai vinte anos participa en numerosas actividades de divulgación, formación, investigación e asesoramento no campo da socioloxía do xénero. Colabora con diversas institucións no deseño e avaliación de programas e políticas de Igualdade.


Amada Traba colabora con Chis Oliveira desde o 2002 para a realización do II Plan de Igualdade do Concello de Vigo, e a partir de aí comeza unha amizade e un traballo de colaboración en diferentes mestrados e na elaboración dos libros: Estás por la solución? Proposta de recursos para a abordaxe da violencia de xénero no ámbito sanitario e Feminismo e sociedade laica. Recentemente publicaron Ám@me. Pensar o amor no século XXI (Galaxia) e Amarte (Libros de la Catarata).