Ascensión Cambrón

----

Ascensión Cambrón

Biografía de Ascensión Cambrón


Profesora de Filosofía do Dereito e na actualidade profesora emérita da UDC. É presidenta da Asociación polo Dereito a unha Morte Digna de Galicia. Formou parte de diversas institucións biosanitarias: Comité de Ética Asistencial do CHUAC, Comité de Ética de Investigación de Galicia, presidenta do Comité de Ética da Investigación da UDC. Actuou como "experta" ante institucións internacionais e nacionais: en Bruxelas, ante a Comisión sobre Xénero do Parlamento Europeo, encargada de redactar as directrices necesarias na UE sobre o tráfico de óvulos femininos; tamén colaborou coa Comisión do PSOE no Parlamento de Galicia encargada de elaborar o Anteproxecto de Lei de Morte Digna, que se aprobou por unanimidade no Parlamento de Galicia o 26 de xuño de 2015.

Ascensión Cambrón nas actividades do CCG

Artigos

CAMBRóN, A. (9/1989) Muller e traballo doméstico. Festa da palabra silenciada. (06), 143 .
Ver artigo Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Mencións: