Asunta Rodríguez

----

Asunta Rodríguez

1965 Amandi
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Asunta Rodríguez

1965- Amandi
Licenciada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, onde cursa os estudos de doutoramento entre 1988 e 1990.
Realiza colaboracións como crítica de arte para La Voz de Galicia entre 1987 e 1988.
Asistente na Galería Trinta entre 1988 e 1991, directora entre 1992 e 1993, e propietaria desde setembro de 1993.
Premio á Galería Trinta como Mellor Galería Española en Arco en 1995 pola Asociación Española de Críticos de Arte. Premio Galega do mes de xaneiro de 2010 a Asunta Rodríguez polo Grupo Correo Gallego. Premio Mulleres 21 a Asunta Rodríguez en 2010, Fundación Iniciativas 21. Premio da Cultura Galega 2014 á Galería Trinta, Xunta de Galicia.
Comisariados de exposicións: Pamen Pereira, Un solo sabor, Centro Torrente Ballester, Ferrol, 2003; Vari Caramés, Miraxes, Centro Torrente Ballester, Ferrol, 2003; Teo Soriano, Codo manchado de azul turquesa, Kiosko Alfonso, A Coruña, 2012; Art Show, instalacións artistas contemporáneos, Art Madrid, 2011.
Comités de selección: membro do comité de selección de ARCO 2000, Madrid; membro do comité de selección de Espazo Atlántico 2011, Vigo; membro do comité de selección de Art Madrid 2010, Madrid. Presidenta do comité de selección de ART MADRID 2011, Madrid; presidenta da Asociación de Galerías de Arte de Galicia entre 2006 e 2009.