PERSOAS

----

Benigno Fernández Salgado


Licenciado en Filoloxía Hispánica (Galego-Portugués) pola Universidade de Santiago (1985), e doutor en Filosofía e Letras (D. Phil) pola Universidade de Oxford (1996). Dende o 2001 é profesor titular de Lingua Galega nos graos de Publicidade e Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo. Foi asesor lingüístico da Televisión de Galicia (1985-88), lector de Español na Universidade de Birmingham (1989-91) e de Lingua e Literatura Galegas na Universidade de Oxford (1991-94). Como bolseiro do ILG, elaborou o Galego coloquial (La Voz de Galicia, 1985). Participou na elaboración do Diccionario Normativo Galego-Castelán (Galaxia, 1988). Compilou o Dicionario Elemental Galego-Inglés Inglés-Galego (Xerais, 1999) e coordinou o Dicionario de Dúbidas da Lingua Galega (1991) e o Dicionario de Usos e Dificultades da Lingua Galega (Galaxia, 2004). É autor de dúas monografías: Os Rudimentos da Lingüística Galega. 1913-1936 (Verba, USC, 2000) e El Agricultor: Agrarismo Solidario e Rexionalismo Lingüístico (Xunta, 2007) así como dunha trintena de artigos académicos sobre historia da lingua e sociolingüística. Sobre publicidade escribiu: “Lingua e publicidade” (Estudios de Comunicación, 2000), “As linguas dos estudiantes de Publicidade e Relacións Públicas: Usos e actitudes” (Linguas non normalizadas, 2002), “As linguas da publicidade da TVG” (Discursos da escrita, 2004) e “Barullo publicitario, una aproximación al babel de la publicidad de la TVG” (ZER, 2005). Editou as Actas do IV Congreso Internacional de Estudios Galegos, Proceedings of the 4th International Conference on Galician Studies (Oxford Centre for Galician Studies, 1997) e as Actas del III Congreso Internacional de la Sociedad Española de Historiografía Lingüística, Estudios de Historiografía Lingüística (Helmut Buske Verlag, 2002). Traduciu A Perla (1990), de John Steinbeck; Diario de Eva (1991) —Premio Ramón Cabanillas de Tradución— e Retallos do Diario de Adán (1992), de Mark Twain. No ámbito académico: A Morte das Linguas (2003), de David Crystal, e Linguaxe: Unha Introdución ó Estudo da Fala (2010), de Edward Sapir. Foi investigador no Hunter College da Universidade da Cidade de Nova York (CUNY) durante o curso 2006-2007. Dende o 2014 investiga a obra de Avelino Díaz (1897-1971), poeta e xornalista galego en Bos Aires.
Participou en