Bernardo Penabade Rei

----

Bernardo Penabade Rei


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Bernardo Penabade Rei


Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, complementou estudos na especialidade de Filoloxía Hispánica.
Nese tempo, a mediados os 80, con Luís Poupariña, desenvolveu unha intensa actividade na comisión de cultura da Residencia Universitaria ‘Burgo das Nacións’, onde impulsou a convocatoria dun célebre Certame Literario que serviu para descubrir novos valores. Desde 1985, mantivo colaboración artística no sector audiovisual coa empresa Imaxe Galega en traballos encargados pola TVG. Ademais da sincronización e dobraxe de filmes e seriais televisivos, ocupouse da tradución de guións (especialmente de programas destinados ao público infantil).
Entre 1997 e 1998, foi colaborador habitual de Volvoreta, o suplemento do xornal El Correo Gallego para a comunidade universitaria de Compostela, onde publicaba noticias de libros e entrevistas a escritores galegos.
Tras un breve período de docencia no Colexio Paulo VI da Rúa de Valdeorras, foi profesor no Instituto Otero Pedraio de Ourense, en Bueu, Ortigueira e en Viveiro (IES 2003). Desde 2003 está destinado no IES Perdouro de Burela.
Participou en numerosos congresos con relatorios publicados sobre sociolingüística e didáctica. Traballos seus poden lerse na revista Agália, en A Nosa Terra e Novas da Galiza, como tamén nas actas de diversas reunións de carácter científico. Desde 1983 é membro da AGAL, entidade en que colaborou con diversas personalidades relevantes da cultura galega, entre elas Ricardo Carvalho Calero.
Integrante do consello directivo en diversas ocasións, resultou elixido secretario en 1996 e foi presidente no período 2001-2007, encabezou un movemento de integracionismo nun sentido integrador.
No campo da didáctica é o impulsor do "Modelo Burela de Planificación Lingüística", unha estratexia educativa en aplicación desde 2004.

Publicacións nas que participou Bernardo Penabade Rei

Portada de  Lino Novás Calvo
LIBRO. ACTAS

Lino Novás Calvo

: «Ese lugar de donde me llaman»