Histórico: Participación de Chus Martínez Domínguez nas actividades do CCG

----

Chus Martínez Domínguez

1976 Tui, Pontevedra

Biografía de Chus Martínez Domínguez

1976- Tui, Pontevedra

Licenciada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela e especialista en artes visuais contemporáneas. Na súa actividade profesional sobresae o seu labor como crítica de arte, tendo sido colaboradora do Babelia do xornal El País e da revista Tempos Novos, ademais de ter colaborado noutras publicacións especializadas galegas e estatais, como ArtNotes, Arte y Parte e Artecontexto. É autora de textos e ensaios de investigación no ámbito da creación contemporánea e da muller no sistema da arte, participando en diferentes proxectos de investigación, catálogos e ensaios editados por institucións públicas e privadas (Centro Galego de Arte Contemporánea, Consello da Cultura Galega, Concello da Coruña, Museo Barjola de Xixón, Deputación de Ourense, Deputación de Lugo, as tres universidades galegas). Exerce como comisaria independente de exposicións, experiencia que tivo como resultado mostras, entre outros espazos, na Casa da Parra, no Auditorio de Galicia, na Sala Alterarte, na Fundación Barrié, no MARCO e no CGAC. Destaca o seu labor como coordinadora do espazo documental.net (CGAC, 2008), un sitio web pioneiro dedicado a artistas que traballan en Galicia, e editora da publicación homónima. Pertenceu á Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega entre 2012 e 2018. 

Publicacións nas que participou Chus Martínez Domínguez

Chus Martínez Domínguez coordinou...

MULLERES E HISTORIA

Elena Colmeiro

Espazos da materia

Chus Martínez Domínguez clausurou...

MULLERES E HISTORIA

Elena Colmeiro

Espazos da materia

Chus Martínez Domínguez inaugurou...

Chus Martínez Domínguez presentou...

MULLERES E HISTORIA

Pascuala Campos de Michelena

As arquitecturas da vida

Arte + Mulleres