Histórico: Participación de Clive Boutle nas actividades do CCG

----

Clive Boutle

Biografía de Clive Boutle


Dirixe desde 1998 a editorial independente con sede en Londres Francis Boutle Publishers. Publica entre dez e doce libros por ano, os cales cobren unha variedade de temas: historia social, política, estudos de mulleres ou arte e literatura en linguas europeas rexionais e minorizadas, entre as que se inclúen o galego, feroés, catalán, occitano, bretón, córnico, manés, romaní, sami e galés. As ‘linguas menos utilizadas’ espertaron nel un interese particular nos últimos anos, polo que leva publicadas dez antoloxías desde 2006 dedicadas a elas, ademais dunha serie de coleccións de poesía de escritoras e escritores en linguas minorizadas. Foi galardoado co Premio Ostana en 2015 polo seu traballo a prol das linguas en perigo de extinción e o título de Bardo de Gorsedh Kerdow en 2017 polo seu traballo a prol promoción da lingua propia de Cornualles.