Concepción Cochón

----

Concepción Cochón


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Concepción Cochón


Licenciada en Filoloxía Hispánica, especialidade Galego-Portuguesa, pola Universidade de Santiago de Compostela; posteriormente realizou o mestrado interuniversitario en Política Lingüística e Planificación da Lingua Galega, do que acadou o título pola Universidade de Vigo.
Traballa no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra desde a súa creación, no ano 1999. Desde ese ano pertence á CTNL e foi parte da directiva desta asociación entre os anos 2000 e 2006.
Como técnica de normalización e membro da CTNL, participou e participa en diversos proxectos colectivos para a normalización da lingua. Algunhas destas iniciativas, como a Rede de Entidades Amigas da Lingua, son de ámbito local e sitúanse en Pontevedra; outras, como Ciberlingua, Club de Debate ou Apego, naceron e desenvolvéronse ao longo do país, grazas ao traballo en colaboración de moitos servizos de normalización municipais e diversas entidades comprometidas co noso idioma.

Publicacións nas que participou Concepción Cochón