Histórico: Participación de Dolores Vilavedra nas actividades do CCG

----

Dolores Vilavedra

1963 Vigo

Biografía de Dolores Vilavedra

1963- Vigo
Profesora titular de Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela. Especialista en narrativa galega contemporánea, exerce habitualmente a crítica literaria en medios especializados e divulgativos.

Membro do consello de redacción da revista Grial e directora do Anuario de Estudos Literarios Galegos entre 2002 e 2007. Coordinou a elaboración do Diccionario da literatura galega, en 4 tomos, e entre as súas publicacións salientan Historia da literatura galega (1999), Sobre narrativa galega contemporánea (2000), A narrativa galega na fin de século. Unha ollada crítica (2010) así como a edición de varios epistolarios de escritores e intelectuais galegos, como Álvaro Cunqueiro e Ricardo Carballo Calero.

Tradutora ocasional, versionou ao castelán obras de Manuel Rivas e António Lobo Antunes, e ao galego Luigi Pirandello, Amélie Nothomb ou Roberto Cossa.

Foi membro da Comisión de Igualdade e na actualidade coordina a Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega.

Publicacións nas que participou Dolores Vilavedra

Portada de  Mil e un Cunqueiros. Novas olladas para un centenario
LIBRO. ACTAS

Mil e un Cunqueiros. Novas olladas para un centenario

Do 28 de setembro ao 1 de outubro de 2011
Portada de  Cantares para Rosalía
LIBRO-AUDIO

Cantares para Rosalía

Nove poetas galegas dialogan cos seus versos
Portada de  Galicia 25: Unha cultura para un novo século
LIBRO. CATáLOGO

Galicia 25: Unha cultura para un novo século

Consello da Cultura Galega 1983-2008
Portada de  Galicia 25: unha cultura para un novo século
LIBRO. CATáLOGO

Galicia 25: unha cultura para un novo século

Consello da Cultura Galega 1983-2008
Portada de  Carlos Casares
LIBRO-AUDIO

Carlos Casares

A semente aquecida da palabra

Dolores Vilavedra comisión organizadora...

Dolores Vilavedra clausurou...

MULLERES E HISTORIA

Mabel Rivera

Escénicas

Dolores Vilavedra inaugurou...

CICLO PENSARMOS

Teresa Rodríguez Montañés

A trata de seres humanos e escravitudes do século XXI

Pensar con orgullo

DRAMATURXIAS ITINERANTES/ DRAMATURGIAS ITINERANTES

DRAMATURXIAS ITINERANTES

"Escudos Humanos. Uma peça de acção con muitas palavras" de Patrícia Portela
"Os cans non comprenden a Kandinsky" de AveLina Pérez

Dolores Vilavedra participou...

Presentación do "Álbum de Galicia"

Presentación Premio Laudamuco

GALICIA 100

Galicia 100

MULLERES E HISTORIA

Xohana Torres

A dona dos mapas

Dolores Vilavedra presentou...

MULLERES E HISTORIA

Xela Arias e Luísa Villalta

Letras, interartes, proxectos na fin de século

Dolores Vilavedra relator/a...

Novos horizontes para unha Galicia global: Redes | Territorio | Memoria

XII Congreso Internacional da AIEG