PERSOAS

----

Elías López-Romero


Doutor Europeo pola Universidad Autónoma de Madrid (2005). Traballou como investigador en distintas universidades e centros no Reino Unido (Durham University, 2013-2015), Francia (CNRS-Université de Rennes1, 2006-2007) e España (Instituto de Historia, CSIC, Madrid, 1999-2005; Instituto de Ciencias del Patrimonio, CSIC, Santiago de Compostela, 2009-2013). Efectuou igualmente estadías de investigación na universidade británica de Reading (2001), no CNRS francés (2002) e na Universidad de Sevilla (2003), e está habilitado para as funcións de profesor de universidade en Francia e en España. Na actualidade é investigador asociado da Universidade de Durham (Reino Unido) e do Instituto de Ciencias do Patrimonio (CSIC, Santiago de Compostela). A súa liña principal de investigación céntrase no ámbito da arqueoloxía da paisaxe, con especial atención á análise das paisaxes monumentais da prehistoria europea (megalitismo atlántico) e á arqueoloxía do litoral. Neste último ámbito, e desde o ano 2006, vén desenvolvendo un intenso labor de investigación sobre a erosión do patrimonio litoral europeo en colaboración con investigadores británicos, franceses e españois. Neste sentido, é correspondente do proxecto ALERT en Francia, corresponsable da organización de varias reunións científicas a escala europea e responsable de diversos proxectos de investigación e 'ciencia pública' no Reino Unido e España. Desde 2009, como membro do Instituto de Ciencias do Patrimonio e posteriormente desde a Universidade de Durham, realizou distintos traballos en Galicia na contorna da ría de Arousa, ría de Ares e Ferrol. Entre as súas publicacións, como único autor ou en colaboración, destacan os seus traballos en revistas internacionais como o Journal of Island and Coastal Archaeology, Oxford Journal of Archaeology, Cambridge Archaeological Journal, Antiquity (Project Gallery), Journal of Quaternary Science, Proceedings of the Geologists' Association, así como os volumes monográficos acerca da arqueoloxía do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia (Cadernos de Arqueoloxía e Patrimonio, nº 33, 2013) e o conxunto megalítico de Monte Lobeira en Vilanova de Arousa (Cadernos de Arqueoloxía e Patrimonio, nº 34, 2013).
Participou en
Fotografias
Videos
Publicacións