Gumersindo Feijoo

----

Gumersindo Feijoo


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Gumersindo Feijoo


No 1994 obtivo o grao de doutor pola USC na área de Enxeñaría Química, data en que comezou a súa carreira académica ocupando diferentes categorías de profesorado nos Campus de Santiago de Compostela e Lugo para acceder finalmente ao corpo de catedráticos de universidade no ano 2008.


Ten unha ampla experiencia investigadora coa participación en 17 proxectos de investigación europeos, 2 accións integradas con Alemaña e Israel, 14 proxectos de I+D do MINECO, 9 proxectos de I+D financiados pola Xunta de Galicia e 27 contratos de investigación con diversas empresas. Toda esta actividade deu lugar a: 4 sexenios (o último no período 2009-2014); a supervisión de 17 teses de doutoramento; a edición de 4 libros; a publicación de sete patentes e unha marca rexistrada (en explotación); 39 capítulos de libros; 237 artigos en revistas indexadas no SCI “Scientific Citation Index”, dos cales 164 son Q1, 87 D1 e 23 TOP3; Índice h: 52 (Scopus); Research Gate Score: 44,95; 41 artigos en revistas non indexadas; 272 presentacións en congresos, con 5 conferencias convidadas e 94 comunicacións orais; Premio Mozos Investigadores da Real Academia Galega de Ciencias no ano 1995; Mención Especial ao Premio á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia da Real Academia Galega de Ciencias (2018).


Repercusión e impacto da investigación: un estudo bibliométrico sobre a investigación en ACV para o período 1998-2013 publicado no International Journal of Life Cycle Assessment (Qian Hou, Guozhu Mao, Lin Zhao, Huibin Du, Jian Zuo (2015), Mapping the scientific research on life cycle assessment: a bibliometric analysis. International Journal of Life Cycle Assessment, 20: 541-555) sitúa a España en segundo lugar (7,9% da produción mundial en artigos) e á USC como líder das universidades españolas neste ámbito e sexta posición na clasificación mundial.


Gozou de estadías de investigación en Wageningen Agricultural University, Holanda (1991, 1995, 1997, 1998); MIGAL-Galilee Technological Center, Israel (1993), Centro EULA, Universidad de Concepción, Chile (1999); University of Arizona, EE. UU. (2002, 2012, 2014).


Dentro da xestión universitaria ocupou os seguintes cargos: secretario da titulación propia da USC en Enxeñaría Ambiental (2000-2005); coordinador do Mestrado Oficial en Enxeñaría Ambiental da USC (2005-2008); coordinador da Rede Temática Nacional de Análise de Ciclo de Vida (2002-2012); director do Departamento de Enxeñaría Química (2008-2017); coordinador do grao en Enxeñaría Química (2014-2018); presidente da Conferencia Española de Directores e Decanos de Enxeñaría Química (dende 2017-2019) e vicerreitor de Planificación e Proxección Estratéxica da USC (dende o 2018).


Máis información:


Orcid: orcid.org/0000-0001-6231-3887


Research Gate: www.researchgate.net/profile/Gumersindo_Feijoo


Google Scholar: scholar.google.es/citations?user=mxyLWl4AAAAJ&hl=es&oi=ao


 

Gumersindo Feijoo nas actividades do CCG