PERSOAS

----

Håkan Casares


Coordinador do Observatorio da Cultura Galega. Doutor en Filoloxía pola Universidade de Vigo. Colaborador externo do Instituto da Lingua Galega. Vogal do consello de administración da Editorial Galaxia. Traballou como investigador contratado da Universidade de Santiago e da Real Academia Galega. Foi membro da Comisión do Plan de Normalización Lingüística da Xunta de Galicia e do comité de expertos para o impulso das linguas cooficiais na Administración Xeral do Estado do Ministerio de Administracións Públicas (Goberno de España). É autor de publicacións do ámbito da sociolingüística, a economía da cultura e a estatística cultural.
Videos